Atención á diversidade: Ferramentas e habilidades sociopersoais

Código: 211119
Data de inscrición: 25/02/2021 - 30/03/2021
Número da edición: 1
Horas lectivas: 20
Prazas: 35
Modalidade: En liña
Data inicio - fin: 05/04/2021 - 07/05/2021
Obxectivos:
Esta formación ten por obxectivo concienciar ás persoas asistentes na necesidade de tomar en conta a dimensión cultural á hora de atender e asistir en casos que afecten a colectivos minoritarios, en risco de exclusión ou excluídos, e incluso nos casos de colectivos diversos desde calquera punto de vista (etnia, orixe xeográfica, relixión, etc.). Así, neste obradoiro traballaríanse as cuestións relativas ao coñecemento e asistencia á diversidade, desde o desenvolvemento das habilidades sociopersoais necesarias para tal fin, especialmente a escoita empática e o respecto.
Persoas destinatarias:
- Corpo da Garda Civil
- Corpo Nacional de Policía
- Corpos de Policía Local
- Ude. CNP adscrita a C.A.Galicia