Xestión intelixente das redes sociais nas Administracións Públicas

Código: 211111
Data de inscrición: 25/02/2021 - 15/03/2021
Número da edición: 1
Horas lectivas: 35
Prazas: 35
Modalidade: En liña
Data inicio - fin: 22/03/2021 - 07/05/2021
Obxectivos:
As redes sociais son un elemento fundamental na sociedade actual. Neste curso trataremos de coñecer as diferentes redes sociais e ter a capacidade de crear ou mellorar a nosa estratexia de comunicación.

Profesionalmente é cada vez máis importante buscar o noso espazo achegándonos aos mecanismos de mellora do posicionamento en Internet. É por iso que aprender a xestionar as redes sociais pode mellorar o noso desenvolvemento e a nosa comunicación no ámbito dixital.
Contido:
Tema 1. Introdución aos conceptos de rede social, comunidade, cultura, identidade e
reputación.
Tema 2. Evolución dos medios e redes sociais.
Tema 3. Principais medios 2.0 e tipos de redes sociais.
Tema 4. Redes sociais e telefonía móbil.
Tema 5. Marketing e publicidade en Social Media.
Tema 6. Tendencias do social media: privacidade, seguridade e simplicidade.
Tema 7. Introdución ao uso das redes sociais polas forzas e corpos de seguridade.
Persoas destinatarias:
- Corpo da Garda Civil
- Corpo Nacional de Policía
- Corpos de Policía Local
- Ude. CNP adscrita a C.A.Galicia