Recollida e tratamento de evidencias dixitais

Código:

211104

Data de inscrición:

25/02/2021 - 15/03/2021

Número da edición:

1

Horas docentes:

25

Prazas:

35

Modalidade:

En liña

Data Inicio - Fin:

22/03/2021 - 23/04/2021

Lugar:

Estrada, A (Pontevedra)

Localización:

AGASP

Obxectivos:

O obxecto do presente curso é dotar aos membros de Forzas e Corpos de Seguridade ( GC, CNP e PL), así como aos alumnos das distintas promocións de Policías Locais, dunha serie de coñecementos básicos para poder determinar a forma correcta de proceder na recollida de evidencias dixitais, marcando unha serie de pautas, na súa maioría de carácter xenérico, que afectarán á identificación, recollida, preservación, tratamento, e remisión, se procede, dos indicios ao laboratorio encargado do seu procesado, análise e elaboración de informe pericial ou técnico.

Contido:

Aspectos xurídicos da proba electrónica.
A evidencia dixital.
Principios aplicables á recollida e tratamento de evidencias dixitais.
Informática Forense.
Fontes de evidencia dixital.
Aspectos técnicos. Copia Forense. Función HASH.
Recollida de evidencias: Fases de Preparación, Execución e Conclusión.
Procedementos específicos. Sistemas informáticos.
Medios de Almacenamento.
Telefonía móbil.

Destinatarios:

- Corpo da Garda Civil
- Corpo Nacional de Policía
- Corpos de Policía Local
- Ude. CNP adscrita a C.A.Galicia