Medición de ruídos

Código:

211103

Data de inscrición:

25/02/2021 - 15/03/2021

Número da edición:

1

Horas docentes:

25

Prazas:

35

Modalidade:

Semipresencial (en liña + presencial)

Data Inicio - Fin:

22/03/2021 - 19/04/2021

Lugar:

Estrada, A (Pontevedra)

Localización:

AGASP

Días:

*21 horas en modalidade online e 4 presenciais na AGASP o último día do curso. Os alumnos dividiríanse en dous grupos en quendas de mañá e tarde.

Obxectivos:

Estudaranse os compoñentes e magnitudes do ruído a ter en conta nas medicións policiais, a forma de obter os datos e o manexo dos equipos necesarios, o cálculo dos niveles acústicos correspondentes e se os resultados obtidos encaixan nos valores máximos permitidos en cada caso.
Verase a lexislación necesaria a aplicar dependendo da problemática, tanto no ámbito administrativo como penal, e os alumnos deberán ser capaces de realizar unha medición de ruído referente a unha actividade que afecta a un local colindante.

Contido:

Módulo 1. Normativa
Lei 37/2003, de 17 de novembro do Ruido.
RD 1367/2007, de 19 de outubro, que desenrola a Lei do ruido
Decreto 106/2015 de 9 de xullo, da contaminación acústica de Galicia
Ordenanzas municipais
Lei Orgánica 10/1995, de 23 de novembro, do Código Penal
Módulo 2. O Ruído
Presión sonora
Frecuencia
Ponderacións
Compoñentes tonais de baixa frecuencia, impulsivos e tonais emerxentes.
Módulo 3. Equipos de medida
Sonómetros e calibradores.
Requisitos técnicos imprescindibles.
Equipos auxiliares necesarios nalgunhas medicións.
Módulo 4.
Cálculo do nivel de ruído para actividades colindantes.
A influenza do ruído de fondo na medición.
Obtención de LkeqT.
Manexo de follas de cálculo.
Módulo 5. A medición de ruído.
Protocolo de medición.
Consideracións previas.
Colocación do sonómetro e calibración.
Obtención das medicións, onde medir, número mínimo, duración, cales escoller.

Destinatarios:

- Corpo da Garda Civil
- Corpo Nacional de Policía
- Corpos de Policía Local
- Ude. CNP adscrita a C.A.Galicia