Intervención en espazos confinados

Código:

202136

Data de inscrición:

16/10/2020 - 25/10/2020

Número da edición:

1

Horas docentes:

14

Prazas:

60

Modalidade:

En liña

Data Inicio - Fin:

23/11/2020 - 04/12/2020

Lugar:

Estrada, A (Pontevedra)

Horario:

segundo disposición e necesidade do alumnado

Días:

do 23 de novembro ao 4 de decembro, exame o 9 decembro

Contido:

Módulo I:
1. Introdución aos espazos confinados: Definición, características, tipos, etc.
2. Lexislación, normativa, guías de actuación e procedementos de traballo.
3. Riscos potenciais presentes nos espazos confinados.
4. Equipos de protección individual e colectivo. Equipos de protección respiratoria.
5. Material e equipos de rescate.
6. Equipos de iluminación.
7. Avaliación da atmosfera.
a. Atmosferas deficitarias de osíxeno.
b. Atmosferas tóxicas.
c. Atmosferas inflamables e/ou explosivas
8. Ventilación.
9. Orientación e rastrexo en condicións de baixa ou nula visibilidade.
10. Técnicas e procedementos de rescate.

Destinatarios:

- Bombeiros dos Parques Municipais
- Bombeiros dos Parques de Consorcios
- Grupo de Emerxencias Supramunicipal
- Servizos municipais de protección civíl e emerxencias

Destinatarios específicos:

- Bombeiros dos servizos de extinción de incendios e salvamento (bombeiros municipais e de consorcios) - 55%
- Persoal dos grupos de emerxencia supramunicipais (GES) - 30%
- Persoal dos servizos municipais de protección civil e emerxencias - 15%

Requisitos:

1) Os/as solicitantes deberán acreditar que non padecen enfermidade nin están afectados por limitación física ou psíquica incompatible coa realización das accións formativas ou o desempeño das funcións correspondentes ao curso ao que se opta, mediante declaración que se cubrirá xunto coa solicitude de matricula no curso
2) Os requirimentos técnicos para usar a web dos cursos da Agasp (baseada nunha ferramenta de aprendizaxe electrónica ou e-learning)

Inscrición:

gratuita

DOG Núm 208 - 15/10/2020

Publicacións admitidas:

O alumnado seleccionado só poderá renunciar ao curso por causas de forza maior suficientemente xustificadas.
A renuncia deberase comunicar por escrito á Agasp, por correo electrónico ao enderezo formacion.emerxencias.agasp@xunta.gal ou por fax ao número 886 20 61 23, e cunha antelación de tres días hábiles ao inicio do curso, co fin de poder cubrir a vacante.