Medidas preventivas ante o Covid-19 na acción do voluntariado de protección civil

Código:

202134

Data de inscrición:

14/10/2020 - 21/10/2020

Número da edición:

1

Horas docentes:

20

Prazas:

60

Modalidade:

En liña

Data Inicio - Fin:

02/11/2020 - 17/11/2020

Aula/local:

curso en liña a través da plataforma da Agasp

Horario:

segundo disposición e necesidade do alumnado

Días:

do 2 ao 17 de novembro de 2020

Obxectivos:

271/10000
- Adquirir os coñecementos necesarios para implementar as medidas de seguridade e hixiene no desenvolvemento das súas funcións como voluntario de protección civil
- Aplicar medidas de prevención básicas
- Aprender prácticas organizativas para a confección do Covid - 19

Contido:

1. O Covid – 19 como emerxencia de saúde pública de importancia internacional
2. Prevención e protección ante Covid – 19 no desenvolvemento de funcións de protección civil
3. Funcións asignadas ao colectivo de protección civil ante a pandemia de Covid – 19
4. Boas prácticas organizativas para a contención do Covid – 19

Destinatarios:

- Agrupacións de Voluntarios de Protección Civíl

Destinatarios específicos:

Voluntarios de AVPC de Galicia

Requisitos:

1. Requisitos xerais:
a) Ter superado o curso básico de protección civil.
b) Estar como voluntario/a activo/a na correspondente AVPC.
2. Requisitos físicos/psíquicos: os/as solicitantes deberán acreditar que non padecen enfermidade nin están afectados por limitación física ou psíquica incompatible coa realización das accións formativas ou o desempeño das funcións correspondentes ao curso ao que se opta, mediante declaración que se cubrirá xunto coa solicitude de matricula no curso.
3. Os requirimentos técnicos para usar a web dos cursos da Agasp (baseada nunha ferramenta de aprendizaxe electrónica ou e-learning)

Inscrición:

Gratuita

DOG núm 206 - 13/10/2020

Publicacións admitidas:

O alumnado seleccionado só poderá renunciar ao curso por causas de forza maior suficientemente xustificadas.
A renuncia deberase comunicar por escrito á Agasp, por correo electrónico ao enderezo formacion.emerxencias.agasp@xunta.gal ou por fax ao número 886 20 61 23, e cunha antelación de tres días hábiles ao inicio do curso, co fin de poder cubrir a vacante.