Intervención en emerxencias para o persoal dos GES

Código: 202133
Número da edición: 1
Horas lectivas: 70
Prazas: 25
Modalidade: Semipresencial (en liña + presencial)
Data inicio - fin: 02/11/2020 - 27/11/2020
Lugar: Estrada, A (Pontevedra)
Localización: AGASP
Clase ou local: en liña (parte teórica: do 2 ao 18 de novembro) / presencial parte práctica (19, 20, 23, 24, 25, 26 e 27 de novembro)
Horario: TEORÍA (en liña): segundo disposición e necesidade do alumnado/ PRÁCTICA (dias19, 20, 23 e 24)
Días: desde o 02/11/2020 ata o 27/11/2020
Obxectivos:
Impartir unha formación especializada nuns niveis de capacitación suficientes para que o persoal que supere o proceso selectivo para ingresar nos Grupos de Emerxencia Supramunicipais, poida comezar a asumir as súas funcións no seu novo destino
Contido:
Módulo 1: primeiros auxilios (7 horas)
Módulo 2: excarceración en accidentes de tráfico (14 horas)
Módulo 3: extinción de incendios urbanos e industriais (28 horas)
Módulo 4: intervención en incendios forestais (21 horas)
Persoas destinatarias:
- Grupo de Emerxencias Supramunicipal
- Grupo de Emerxencias Supramunicipal - Persoal do GES
Requisitos:
1. Requisitos xerais: o curso vai dirixido ao persoal que participou nunha convocatoria para os grupos de emerxencia supramunicipais e poida ingresar neles ou forma parte das listas de reserva.
2. Requisitos físicos/psíquicos: os/as solicitantes deberán acreditar que non padecen enfermidade nin están afectados por limitación física ou psíquica incompatible coa realización das accións formativas
3. Os requirimentos técnicos para usar a web dos cursos da Agasp (baseada nunha ferramenta de aprendizaxe electrónica ou e-learning) son de nivel básico
Inscrición:
Gratuita

DOG núm 206 - 13/10/2020