Manexo de aplicacións cartográficas e de xestión en material de incendios en dispositivos móbiles

Código:

202129

Data de inscrición:

24/09/2020 - 02/10/2020

Número da edición:

3

Horas docentes:

30

Prazas:

50

Modalidade:

En liña

Data Inicio - Fin:

26/11/2020 - 16/12/2020

Lugar:

Estrada, A (Pontevedra)

Horario:

segundo disposición e necesidade do alumnado

Días:

dende o 26/11/2020 ata o 16/12/2020

Contido:

Módulo 1. Introdución
Módulo 2. Xestión de alarmas e lumes
Módulo 3. Edición avanzada
Módulo 4. Novas funcionalidades. Xeocode avanzado

Destinatarios:

- Servizos de Prevención e Extinción de Incendios Forestais da Xunta de Galicia - Técnico/a de distrito
- Servizos de Prevención e Extinción de Incendios Forestais da Xunta de Galicia - Xefatura de distrito

Destinatarios específicos:

Técnicos dos Centros de Coordinación de Distrito, Provincial e Central de prevención e extinción de incendios forestais
Xefes dos distritos forestais e dos servizos provinciais de Prevención de Incendios Forestais / Servizos Centrais

Requisitos:

CRITERIOS DE SELECCIÓN: en relación aos cursos publicados o pasado 24/09/2020, ao abeiro do Convenio de Colaboración entre a AGASP e a Consellería do Medio Rural, a través da Dirección Xeral de Defensa do Monte, proponse o seguinte procedemento para a selección do alumnado:
1. Aplicaralle as solicitudes os seguintes criterios de selección:
1º. De acordo co artigo 50 do Decreto lexislativo 2/2015, do 12 de febreiro, polo que se aproba o texto refundido das disposicións legais da Comunidade Autónoma de Galicia en materia de igualdade, en cada edición do curso reservarase un 50 % das prazas para mulleres que reúnan os requisitos exixidos na convocatoria.
2º. Teñen preferencia as solicitudes por orde de presentación.
2.- A Dirección Xeral de Defensa do Monte comproba si os inscritos cumpren os requisitos (fundamentalmente a pertenza ao corpo, grupo, escala ou categoría indicados en cada convocatoria).

EXCLUIRANSE as solicitudes de persoas que teñan realizado o mesmo curso nos dous últimos anos.

Inscrición:

gratuita

Publicacións admitidas:

A renuncia deberase comunicar por escrito á Agasp, por correo electrónico ao enderezo formacion.emerxencias.agasp@xunta.gal