Actualización en materia de extinción de incendios forestais para brigadas helitransportadas

Código:

202103

Data de inscrición:

15/07/2020 - 16/07/2020

Número da edición:

1

Horas docentes:

8

Prazas:

13

Modalidade:

Presencial

Data Inicio - Fin:

21/07/2020 - 21/07/2020

Lugar:

Pontevedra (Pontevedra)

Horario:

9.00-14.00 e 15.00-18.00

Días:

21 de xullo de 2020

Obxectivos:

1- Coñecer o comportamento do incendio segundo os combustibles, a meteoroloxía e a topografía, e saber como interaccionan as tres.
2- Saber determinar un Plan de Extinción en base ao comportamento do incendio e como inflúe no desenvolvemento das operacións durante a vixencia do Plan.
3- Coñecer as normas de seguridade básicas, e situacións de risco máis frecuentes, na extinción de incendios forestais. Estar familiarizados co protocolo OACEL.
4- Saber os principios básicos do manexo de autobombas e a realización de tendidos de mangueira, así como a manobra de autoprotección.
5- Aplicar os coñecementos adquiridos coa realización de prácticas.

Contido:

TEORÍA (4 h)
1. Conceptos básicos de incendios forestais
2. Análises e planificación. Campbell
3. Comportamento do incendio forestal
4. Protocolo de seguridade OACEL
5. Incendios convectivos
6. Casos Prácticos: análise de incendios
7. Teoría de tendido de mangueira. Tipos de mangueira, lanzas, racores e demais complementos
8. Teoría de manobras de autoprotección en autobomba.

PRACTICAS (4 h)
1 Prácticas de campo:
a) Manexo de ferramentas
b) Tendido de mangueira.
c) Manobra de autoprotección

Destinatarios:

-

Destinatarios específicos:

Brigadas helitransportadas dos Servizos de Prevención e Extinción de Incendios Forestais da Xunta de Galicia