Prevención e control da Vespa velutina

Código:

202091

Data de inscrición:

22/02/2020 - 02/03/2020

Número da edición:

2

Horas docentes:

8

Prazas:

20

Modalidade:

Presencial

Data Inicio - Fin:

13/06/2020 - 13/06/2020

Lugar:

Cartelle (Ourense)

Localización:

AGASP

Días:

13 de xuño de 2020

Contido:

1- Fisionomía, hábitat e costumes da Vespa velutina
2- Protocolos de actuación e epis persoais.
3- Aplicación de Lei de Prevención de Riscos Laborais.
4- Primeiros auxilios
5- Prácticas:
a) Colocación de epis.
b) Colocación de elementos para traballos en altura.
c) Retirada de distintos niños de Vespa velutina.

Destinatarios:

- Agrupacións de Voluntarios de Protección Civíl

Destinatarios específicos:

Persoal voluntario de agrupacións de voluntarios de protección civil (AVPC) dos concellos de Galicia
Este persoal forma parte do sistema integrado de protección civil e emerxencias de Galicia (artigos 43 e 44 da Lei 5/2007, do 7 de maio de emerxencias de Galicia).

Requisitos:

1. Requisitos xerais para voluntarios:
a) Ter superado o curso básico de protección civil.
b) Estar como voluntario/a activo/a na correspondente AVPC.
2. Requisitos físicos/psíquicos: os/as solicitantes deberán acreditar que non padecen enfermidade nin están afectados por limitación física ou psíquica incompatible coa realización das accións formativas ou o desempeño das funcións correspondentes ao curso ao que se opta, mediante declaración que se cubrirá xunto coa solicitude de matricula no curso.

Inscrición:

gratuita

DOG núm. 36 - 21/02/2020

Publicacións admitidas:

O alumnado seleccionado só poderá renunciar ao curso por causas de forza maior suficientemente xustificadas.
A renuncia deberase comunicar por escrito á Agasp, por correo electrónico ao enderezo formacion.emerxencias.agasp@xunta.gal ou por fax ao número 886 20 61 23, e cunha antelación de tres días hábiles ao inicio do curso, co fin de poder cubrir a vacante.