Reciclaxe incendios urbanos e industriais

Código: 202082
Data de inscrición: 22/02/2020 - 02/03/2020
Número da edición: 1
Horas lectivas: 10
Prazas: 20
Modalidade: Presencial
Data inicio - fin: 25/04/2020 - 25/04/2020
Lugar: Ribeira (Coruña, A)
Localización: AGASP
Horario: 9.00-14.00 e de 16.00-21.00
Días: 25 de abril de 2020
Contido:
Módulo 1: Incendios urbanos e industriais (2h)
Módulo 2: Colaboración de voluntarios en incendios urbanos e industriais (4h)
Módulo 3: Asistencia sanitaria (2,5 h)
Módulo 4: Prevención de riscos laborais (1,5h)
Persoas destinatarias:
- Agrupacións de Voluntarios de Protección Civíl
Destinatarios específicos:
Persoal voluntario de agrupacións de voluntarios de protección civil (AVPC) dos concellos de Galicia
Este persoal forma parte do sistema integrado de protección civil e emerxencias de Galicia (artigos 43 e 44 da Lei 5/2007, do 7 de maio de emerxencias de Galicia).
Requisitos:
1. Requisitos xerais:
a) Ter superado o curso básico de protección civil.
b) Estar como voluntario/a activo/a na correspondente AVPC.
c) Curso "Prevención e loita contra incendios urbanos e forestais" e terán preferencia os/as que o realizasen con anterioridade aos últimos tres anos.
2. Requisitos físicos/psíquicos: os/as solicitantes deberán acreditar que non padecen enfermidade nin están afectados por limitación física ou psíquica incompatible coa realización das accións formativas ou o desempeño das funcións correspondentes ao curso ao que se opta, mediante declaración que se cubrirá xunto coa solicitude de matricula no curso.
Inscrición:
gratuita

DOG núm. 36 - 21/02/2020
Publicacións admitidas:
O alumnado seleccionado só poderá renunciar ao curso por causas de forza maior suficientemente xustificadas.
A renuncia deberase comunicar por escrito á Agasp, por correo electrónico ao enderezo formacion.emerxencias.agasp@xunta.gal e cunha antelación de tres días hábiles ao inicio do curso, co fin de poder cubrir a vacante.