Intervención en emerxencias con mercadorías perigosas

Código:

202038

Data de inscrición:

22/02/2020 - 02/03/2020

Número da edición:

1

Horas docentes:

21

Prazas:

20

Modalidade:

Presencial

Data Inicio - Fin:

11/05/2020 - 13/05/2020

Lugar:

Estrada, A (Pontevedra)

Localización:

AGASP

Horario:

9.00-14.00 e 15.30-18.30 (derradeiro día: 9.00-14.00)

Días:

11, 12 e 13 de maio de 2020

Obxectivos:

1.Ampliar os coñecementos, as técnicas e procedementos de actuación para poder afrontar emerxencias relacionadas con mercadorías perigosas
2.Prever e atallar as consecuencias máis inmediatas derivadas deste tipo de sinistros, coa serenidade propia do coñecemento previo e baixo as máis estritas normas de seguridade.
3.Adquirir coñecementos teóricos e prácticos sobre sinistros químicos, coa finalidade de rescatar o maior número vítimas, e ao mesmo tempo facilitar a protección do medio ambiente.

Contido:

1 Riscos asociados ás substancias perigosas
2 Substancias explosivas
3 Aparellos e equipamentos de detención e medida
4 Técnicas de intervención
5 Procedementos de descontaminación

Destinatarios:

- Bombeiros dos Parques Municipais
- Bombeiros dos Parques de Consorcios
- Grupo de Emerxencias Supramunicipal
- Servizos municipais de protección civíl e emerxencias

Destinatarios específicos:

- Bombeiros dos servizos de extinción de incendios e salvamento (bombeiros municipais e de consorcios).
- Persoal dos grupos de emerxencia supramunicipais (GES).
- Persoal dos servizos municipais de protección civil e emerxencias.

Requisitos:

Os/as solicitantes deberán acreditar que non padecen enfermidade nin están afectados por limitación física ou psíquica incompatible coa realización das accións formativas ou o desempeño das funcións correspondentes ao curso ao que se opta, mediante declaración que se cubrirá xunto coa solicitude de matricula no curso.

Inscrición:

gratuita

DOG núm. 36 - 21/02/2020

Publicacións admitidas:

O alumnado seleccionado só poderá renunciar ao curso por causas de forza maior suficientemente xustificadas.
A renuncia deberase comunicar por escrito á Agasp, por correo electrónico ao enderezo formacion.emerxencias.agasp@xunta.gal ou por fax ao número 886 20 61 23, e cunha antelación de tres días hábiles ao inicio do curso, co fin de poder cubrir a vacante.