Adolescentes e novas adiccións: dos videoxogos ás apostas online

Código:

201153

Data de inscrición:

30/09/2020 - 14/10/2020

Número da edición:

1

Horas docentes:

20

Prazas:

35

Modalidade:

En liña

Data Inicio - Fin:

09/11/2020 - 06/12/2020

Obxectivos:

concienciar aos profesionais das distintos Forzas e Corpos de Seguridade da importancia que as novas formas de adicción (como pode ser a adicción ao xogo, aos videoxogos ou a Internet e as redes sociais), están a adquirir na sociedade actual, especialmente entre os máis novos, derivando en moitas ocasións en serios problemas tanto a nivel de saúde, como de convivencia. Desde un punto de vista práctico, ademais de proporcionar unha base de coñecemento sólida sobre as particularidades destas novas adicións, tanto de desde un punto de vista clínico, psicosocial como legal, tentarase conferir ao alumnado estratexias e habilidades para axudar de maneira efectiva ás familias e ás institucións en toda a problemática que a día de hoxe rodea este tipo de adiccións.

Contido:

Tópicos a abordar: adiccións sen substancia, ludopatía, videoxogos, xogo online, lei do xogo

Destinatarios:

- Corpo da Garda Civil
- Corpo Nacional de Policía
- Corpos de Policía Local
- Ude. CNP adscrita a C.A.Galicia

Requisitos:

Dinámica de traballo: o curso terá unha duración de 20 horas e desenvolverase nun período de 4 semanas, cada unha delas supervisada por un titor diferente. O último venres de cada curso haberá unha sesión de videoconferencia a través da propia plataforma da AGASP, na que o alumnado poderá interactuar directamente con cada profesor, reforzar ideas crave e resolver posibles dúbidas. Cada profesor fixará na súa semana de interacción uns obxectivos docentes concretos, para cuxa consecución se apoiará en diferentes recursos e materiais (lecturas, vídeos, sentenzas, notas de prensa…) e na resolución de diferentes tarefas por parte dos alumnos, que contarán tamén cun foro de participación permanente.