Curso de infografía e simulación na reconstrución de accidentes de tráfico. Iniciación a Sketchup

Código:

201118

Data de inscrición:

01/05/2020 - 14/05/2020

Número da edición:

1

Horas docentes:

40

Prazas:

20

Modalidade:

En liña

Data Inicio - Fin:

25/05/2020 - 31/07/2020

Lugar:

Estrada, A (Pontevedra)

Obxectivos:

A xeración de imaxes en 3D, constitúe un fito na investigación e reconstrución de accidentes de tráfico, superando ás planimetrías en canto á representación gráfica dos accidentes e a súa incorporación ao atestado para a súa posterior análise en procesos xudiciais.
Pero a maiores, esta tecnoloxía, supón unha ferramenta de gran axuda para a reconstrución e cálculo de determinadas cuestións vinculadas aos accidentes. Un modelo 3D permite unha reprodución das escena do accidente e dos vehículos implicados, co consecuente avance no estudo de aspectos como os campos de visión, contraste de hipóteses cinemáticas etc.
Para a realización deste curso, elixiuse o software Sketchup, polo seu potencial como ferramenta, pola súa difusión libre nas aplicacións básicas, e a súa compatibilidade con outros programas de edición e visualización de animacións e vídeos.

Contido:

1. Interface e ferramentas básicas.
2. Deseño xeométrico da vía. Elaboración de modelos 3D
3. Estudo de campos de visión.
4. Estudo dos vehículos. Elaboración de modelos 3D. Cotas e medidas.
5. Representación e estudo da evolución espazo temporal.
6. Xeolocalización e incorporación de ortofotos.
7. Creación de escenas.
8. Plugins e complementos.
9. Xeración de animacións.
10. Contraste cinemático de hipótese.
11. Exportar modelos (imaxe/animación).
12. Práctica avaliación alumno.

Destinatarios:

- Corpo da Garda Civil
- Corpo Nacional de Policía
- Corpos de Policía Local
- Ude. CNP adscrita a C.A.Galicia