Superior de Administración Electrónica

Código:

201081

Data de inscrición:

20/02/2020 - 16/03/2020

Número da edición:

1

Horas docentes:

100

Prazas:

30

Modalidade:

Semipresencial (en liña + presencial)

Data Inicio - Fin:

01/04/2020 - 30/06/2020

Lugar:

Estrada, A (Pontevedra)

Localización:

AGASP

Horario:

por determinar

Obxectivos:

Este curso pretende profundizar, dende unha perspectiva técnico-xurídica, na concepción da Administración electrónica, incidindo na importancia que ten a súa implantación nas distintas administracións da nosa comunidade. Os contidos do programa enfocarán desde distintas perspectivas a Administración electrónica para que as persoas ás que se dirixe adquiran ou perfeccionen os coñecementos teóricos e prácticos da informática e do dereito, completando a súa formación no dereito da informática.

Contido:

• Réxime xurídico dunha administración dixital.

• Identidade dixital: identificación e firma dixitais.

• Sede electrónica e cartafol do cidadán.

• Sistema único de rexistro. Canles electrónicas e presenciais.

• Notificación electrónica.

• Interoperabilidade e seguridade. Impacto do Regulamento xeral de protección de datos.

• Cooperación interadministrativa. Instrumentos de coordinación no desenvolvemento da Administración electrónica. Iniciativas no marco europeo.

• Interoperabilidade de datos e documentos.

• Arquivo electrónico, documento electrónico e copia.

• Licitación e factura electrónicas.

• Atención á cidadanía. Transparencia e reutilización.

Destinatarios:

- Corpos de Policía Local