Básico de protección civil

Código: 192201
Data de inscrición: 09/08/2019 - 16/09/2019
Número da edición: 16
Horas lectivas: 32
Prazas: 25
Modalidade: Presencial
Data inicio - fin: 05/10/2019 - 13/10/2019
Lugar: Xunqueira de Espadanedo (Ourense)
Localización: AGASP
Clase ou local: Salón Multiusos no 2º andar da Casa do Concello de Xunqueira de Espadañedo (Praza dos Amigos, 2, 32730 )
Horario: sábados e domingos de 9.00 - 14.00 e 15.00 - 20.00
Días: 5, 6, 12 e 13 de outubro de 2019
Obxectivos:
Adquirir a formación básica necesaria para o exercicio das funcións de protección civil.
Contido:
- Módulo I: A Protección Civil.
- Módulo II: Os riscos, accidentes e autoprotección.
- Módulo III: Loita contra os incendios.
- Módulo IV: Comunicacións.
- Módulo V: Actuacións básicas ante emerxencias médicas.
- Módulo VI: Igualdade de oportunidades.
O contido do curso divídese en dúas partes:
Teoría: 22 horas
Práctica: 10 horas
Persoas destinatarias:
- Agrupacións de Voluntarios de Protección Civíl
Destinatarios específicos:
Persoal de ingreso nas agrupacións de voluntarios de protección civil.
Este persoal forma parte do Sistema integrado de protección civil e emerxencias de Galicia (artigos 43 e 44 da Lei 5/2007, do 7 de maio, de emerxencias de Galicia).
Requisitos:
1. Estar inscrito como candidato/a a voluntario/a na correspondente AVPC do RGAVPC.
2. Requisitos físicos/psíquicos: os/as solicitantes deberán acreditar que non padecen enfermidade nin están afectados por limitación física ou psíquica incompatible coa realización das accións formativas ou o desempeño das funcións correspondentes ao curso ao que se opta, mediante declaración que se cubrirá xunto coa solicitude de matricula no curso.
Inscrición:
gratuita

DOG núm 150 - 08/08/2019
Publicacións admitidas:
O alumnado seleccionado só poderá renunciar ao curso por causas de forza maior suficientemente xustificadas.
A renuncia deberase comunicar por escrito á Agasp, por correo electrónico ao enderezo formacion.emerxencias.agasp@xunta.gal, e cunha antelación de tres días hábiles ao inicio do curso, co fin de poder cubrir a vacante.
Solicitudes:
1º. De acordo co artigo 50 do Decreto lexislativo 2/2015, do 12 de febreiro, polo que se aproba o texto refundido das disposicións legais da Comunidade Autónoma de Galicia en materia de igualdade, en cada edición do curso reservarase un cincuenta por cento das prazas para mulleres que reúnan os requisitos exixidos na convocatoria.
2º. Reservarase un sesenta por cento das prazas as persoas con residencia no concello onde se realice o curso.
3º. Teñen preferencia as persoas con menos cursos feitos na Agasp nos últimos dous anos.
4º. Teñen preferencia as solicitudes por orde de presentación.