Reciclaxe en socorrismo e primeiros auxilios con recursos de fortuna

Código: 192194
Data de inscrición: 09/07/2019 - 06/09/2019
Número da edición: 1
Horas lectivas: 8
Prazas: 20
Modalidade: Presencial
Data inicio - fin: 05/10/2019 - 05/10/2019
Lugar: Estrada, A (Pontevedra)
Localización: AGASP
Clase ou local: Inf. pequena
Horario: 9.00-14.00 e 15.30-18.30
Días: 5 de outubro de 2019
Contido:
Módulo práctico
1. Cándo e cómo solicitar os equipos de socorro
2. Sinais de petición de auxilio
3. Actuacións en situacións de illamento ata a chegada do rescate
4. Protocolo de actuación en caso de accidente (o PAS e os “5 dedos” de Ulloa)
5. Lesións graves que non poden esperar e tratamento in situ con recursos de fortuna
6. Férulas improvisadas (con ramas, bastóns, o piolet, ...)
7. Padiolas de fortuna (con paus, esquís, só cunha corda, ...)
8. Caixa de primeiros auxilios básica para intervencións en zonas illadas
Persoas destinatarias:
- Agrupacións de Voluntarios de Protección Civíl
Destinatarios específicos:
Persoal voluntario de agrupacións de voluntarios de protección civil (AVPC) dos concellos de Galicia
Este persoal forma parte do sistema integrado de protección civil e emerxencias de Galicia (artigos 43 e 44 da Lei 5/2007, do 7 de maio de emerxencias de Galicia).
Requisitos:
1. Requisitos xerais:
a) Ter superado o curso básico de protección civil.
b) Estar como voluntario/a activo/a na correspondente AVPC.
c) Ter superado o curso socorrismo e primeiros auxilios con recursos de fortuna
2. Requisitos físicos/psíquicos: os/as solicitantes deberán acreditar que non padecen enfermidade nin están afectados por limitación física ou psíquica incompatible coa realización das accións formativas ou o desempeño das funcións correspondentes ao curso ao que se opta, mediante declaración que se cubrirá xunto coa solicitude de matricula no curso.
Inscrición:
gratuita

convocatoria DOG núm 128 - 08/07/2019
Publicacións admitidas:
O alumnado seleccionado só poderá renunciar ao curso por causas de forza maior suficientemente xustificadas.
A renuncia deberase comunicar por escrito á Agasp, por correo electrónico ao enderezo formacion.emerxencias.agasp@xunta.gal, e cunha antelación de tres días hábiles ao inicio do curso, co fin de poder cubrir a vacante.
Solicitudes:
A Agasp proporcionará a manutención(de luns a venres) ás persoas desempregadas admitidas nos cursos e así o soliciten, nos termos que esta estableza e sempre dentro do recinto da Agasp.
A situación de desemprego deberá acreditala o/a alumno/a seleccionado/a na data de inicio do curso, mediante a presentación da tarxeta de desemprego ou calquera documentación acreditativa valida en dereito.