Básico de motoserras

Código:

192192

Data de inscrición:

09/07/2019 - 06/09/2019

Número da edición:

4

Horas docentes:

16

Prazas:

20

Modalidade:

Presencial

Lugar:

Estrada, A (Pontevedra)

Horario:

9.00-14.00 e 15.30-18.30

Días:

25 e 26 de novembro de 2019

Obxectivos:

Adquirir a formación necesaria para participar con seguridade en intervencións de retirada de emerxencia de árbores caídas ou pólas de árbores desprendidas.

Contido:

Módulo 1: Equipo de protección individual (EPI). Preparación e elección da maquinaria segundo o traballo a realizar. Talla de árbores a nivel básico
Módulo 2: Verificación e seguridade de reparacións. Conceptos básicos para o mantemento da maquinaria

Destinatarios:

- Agrupacións de Voluntarios de Protección Civíl

Destinatarios específicos:




Persoal voluntario de agrupacións de voluntarios de protección civil (AVPC) dos concellos de Galicia
Este persoal forma parte do sistema integrado de protección civil e emerxencias de Galicia (artigos 43 e 44 da Lei 5/2007, do 7 de maio de emerxencias de Galicia).

Requisitos:

1. Requisitos xerais:
a) Ter superado o curso básico de protección civil.
b) Estar como voluntario/a activo/a na correspondente AVPC.
2. Requisitos físicos/psíquicos: os/as solicitantes deberán acreditar que non padecen enfermidade nin están afectados por limitación física ou psíquica incompatible coa realización das accións formativas ou o desempeño das funcións correspondentes ao curso ao que se opta, mediante declaración que se cubrirá xunto coa solicitude de matricula no curso
3) EQUIPAMENTO OPCIONAL a traer polo alumnado: Epi´s como zahons, botas, casco, luvas

Inscrición:

gratuita

convocatoria DOG núm 128 - 08/07/2019

Publicacións admitidas:

O alumnado seleccionado só poderá renunciar ao curso por causas de forza maior suficientemente xustificadas.
A renuncia deberase comunicar por escrito á Agasp, por correo electrónico ao enderezo formacion.emerxencias.agasp@xunta.gal ou por fax ao número 886 20 61 23, e cunha antelación de tres días hábiles ao inicio do curso, co fin de poder cubrir a vacante.