Hidráulica aplicada aos servizos de emerxencias

Código:

192188

Data de inscrición:

09/07/2019 - 06/09/2019

Número da edición:

3

Horas docentes:

21

Prazas:

20

Modalidade:

Presencial

Lugar:

Estrada, A (Pontevedra)

Horario:

9.00-14.00 e 15.30-18.30 / derradeiro día: 9.00-14.00

Días:

18, 19 e 20 de novembro de 2019

Obxectivos:

- Aprender o funcionamento e as aplicacións de cada un dos compoñentes dun sistema hidráulico.
- Coñecer a mecánica de fluídos hidráulicos

Contido:

1. Introdución. Conceptos xerais.
2. Hidráulica básica para servizos de Protección civil.
3. Principio de Arquímedes, fórmulas, vasos comunicantes, redución.
4. Presión barométrica e manométrica. Presión estática e dinámica.
a. Concepto de fluído
b. Densidade
c. Caudal
d. Presión
e. Presión estática e presión dinámica
5. Ecuación de continuidade, ecuación de Bernoulli, ecuación de descarga.
6. Maquinas hidráulicas; bombas de vehículos, motobombas, etc.
7. Características das bombas centrifugas.
a. Curva característica dunha bomba
b. Punto de funcionamento dunha instalación
c. Axuste de bombas
d. Instalacións e as súas características
8. Instalacións con mangueiras. Principios de funcionamento dunha lanza
9. Elementos e principio de funcionamento dunha bomba centrífuga
10. Curvas características dunha bomba. Perdidas de carga. Cavitación.
11. Prácticas cos vehículos de bombeiros. Localización, capacidades, etc

Destinatarios:

- Bombeiros dos Parques Municipais
- Bombeiros dos Parques de Consorcios
- Grupo de Emerxencias Supramunicipal
- Servizos municipais de protección civíl e emerxencias

Destinatarios específicos:

- Bombeiros dos servizos de extinción de incendios e salvamento (bombeiros municipais e de consorcios).
- Persoal dos grupos de emerxencia supramunicipais (GES).
- Persoal dos servizos municipais de protección civil e emerxencias.

Requisitos:

Requisitos físicos/psíquicos: os/as solicitantes deberán acreditar que non padecen enfermidade nin están afectados por limitación física ou psíquica incompatible coa realización das accións formativas ou o desempeño das funcións correspondentes ao curso ao que se opta, mediante declaración que se cubrirá xunto coa solicitude de matricula no curso.

Inscrición:

gratuita

convocatoria DOG núm 128 - 08/07/2019

Publicacións admitidas:

O alumnado seleccionado só poderá renunciar ao curso por causas de forza maior suficientemente xustificadas.
A renuncia deberase comunicar por escrito á Agasp, por correo electrónico ao enderezo formacion.emerxencias.agasp@xunta.gal, e cunha antelación de tres días hábiles ao inicio do curso, co fin de poder cubrir a vacante.