Rescate en ríos, riadas e inundacións

Código:

192178

Data de inscrición:

09/07/2019 - 06/09/2019

Número da edición:

4

Horas docentes:

22

Prazas:

20

Modalidade:

Presencial

Data Inicio - Fin:

14/10/2019 - 16/10/2019

Lugar:

Estrada, A (Pontevedra)

Horario:

9.00 - 14.00 15.00-18.00 (2º e 3º día ata17.00)

Días:

14, 15 e 16 de outubro de 2019

Obxectivos:

Dotar ao persoal do sistema integrado de protección civil e emerxencias de Galicia, o que se refire o artigo 43.3º da Lei 5/2007, do 7 de maio, de emerxencias de Galicia, da formación necesaria para o exercicio da súa función e que adquiran coñecementos teórico-prácticos para poder acometer en suficientes condicións de seguridade un rescate tanto en augas rápidas coma no transcurso dunha inundación.

Contido:

Módulo 1: Coñecemento do medio. Riscos específicos do entorno acuático
Módulo 2: Equipos de protección individual específicos do medio acuático.
Módulo 3: Normas básicas de seguridade e autoproteción no medio acuático
Módulo 4: Filosofía do rescate
Módulo 5: Comunicacións internas e externas
Módulo 6: Técnicas de rescate en augas rápidas
Módulo 7: Busca de persoas desaparecidas
Módulo 8: Instalacións provisionais de acceso e evacuación con cordas
Módulo 9: Maniobras con embarcación

Destinatarios:

- Bombeiros dos Parques Municipais
- Bombeiros dos Parques de Consorcios
- Grupo de Emerxencias Supramunicipal
- Servizos municipais de protección civíl e emerxencias

Destinatarios específicos:

- Bombeiros dos servizos de extinción de incendios e salvamento (bombeiros municipais e de consorcios) 55%
- Persoal dos grupos de emerxencia supramunicipais (GES) 30%
- Persoal dos servizos municipais de protección civil e emerxencias 15%

Requisitos:

1) Os/as solicitantes deberán acreditar que non padecen enfermidade nin están afectados por limitación física ou psíquica incompatible coa realización das accións formativas ou o desempeño das funcións correspondentes ao curso ao que se opta, mediante declaración que se cubrirá xunto coa solicitude de matricula no curso.
2) Todos os participantes deberán ter coñecementos básicos de natación
3) EQUIPAMENTO que deberá traer o alumnado o 2º e o 3º día: escarpíns de neopreno de sola dura, ou na súa falta escarpíns sen sola xunto con botas de trekking ou similar. Opcional: luvas de neopreno.

Inscrición:

gratuita

convocatoria DOG núm 128 - 08/07/2019

Publicacións admitidas:

O alumnado seleccionado só poderá renunciar ao curso por causas de forza maior suficientemente xustificadas.
A renuncia deberase comunicar por escrito á Agasp, por correo electrónico ao enderezo formacion.emerxencias.agasp@xunta.gal, e cunha antelación de tres días hábiles ao inicio do curso, co fin de poder cubrir a vacante.