Condución de vehículos todoterreo

Código:

192163

Data de inscrición:

25/04/2019 - 15/05/2019

Número da edición:

4

Horas docentes:

20

Prazas:

20

Modalidade:

Presencial

Lugar:

Estrada, A (Pontevedra)

Horario:

9.00-14.00 e 15.00-18.00 / último dia 9.00-13.00

Días:

29, 30 e 31 de maio de 2019

Obxectivos:

Adquirir os coñecementos teórico-prácticos necesarios para conducir con maior seguridade os vehículos todoterreo empregados na prestación do servizo público

Contido:

TEORÍA: 4 horas
- O vehículo: características técnicas (ángulos de ataque, ventral e de saída, inclinación lateral).
- Técnicas de condución (barro, neve, area, terreos accidentados, baixadas e subidas extremas)
- Rescate do vehículo (tracción directa, poleas e reenvíos, ancoraxes). Protocolos de seguridade nas manobras de rescate.
- Accesorios e mantemento do vehículo
- Lexislación: conservación da natureza, responsabilidade patrimonial.
PRÁCTICA: 16 horas de condución en circuíto.

Destinatarios:

- Servizos de Prevención e Extinción de Incendios Forestais da Xunta de Galicia - Axentes Forestais da Consellería de Medio Ambiente
- Servizos de Prevención e Extinción de Incendios Forestais da Xunta de Galicia - Axentes Facultativos Medioambientais da Consellería de Medio Ambiente
- Servizos de Prevención e Extinción de Incendios Forestais da Xunta de Galicia - Axentes Facultativos Medioambientais da Consellería de Medio Rural
- Servizos de Prevención e Extinción de Incendios Forestais da Xunta de Galicia - Axentes Forestais da Consellería de Medio Rural
- Servizos de Prevención e Extinción de Incendios Forestais da Xunta de Galicia - Axentes Técnicos Ambientais da Consellería de Medio Rural
- Servizos de Prevención e Extinción de Incendios Forestais da Xunta de Galicia - Axentes Técnicos da Consellería de Medio Ambiente
- Servizos de Prevención e Extinción de Incendios Forestais da Xunta de Galicia - Axentes forestais/medioambientes

Destinatarios específicos:

14 prazas para Medio Rural:
- Axentes forestais (C Medio Rural)
- Axentes facultativos medioambientais (Consellería do Medio Rural)
- Axentes técnicos ambientais (C Medio Rural)
6 prazas para Medio Ambiente:
- Axentes forestais (C Medio Ambiente)
- Axentes facultativos medioambientais (C Medio Ambiente)
- Axentes técnicos ambientais (C Medio Ambiente)

Requisitos:

1. Requisitos xerais:
1) Os/as solicitantes deberán ter o permiso de conducir B1.
2) Requisitos físicos/psíquicos: os/as solicitantes deberán acreditar que non padecen enfermidade nin están afectados por limitación física ou psíquica incompatible coa realización das accións formativas ou o desempeño das funcións correspondentes ao curso ao que se opta, mediante declaración que se cubrirá xunto coa solicitude de matricula no curso.
3) Ser axente (C Medio Rural ou C Medio Ambiente)

Inscrición:

Gratuita

Publicacións admitidas:

O alumnado seleccionado só poderá renunciar ao curso por causas de forza maior suficientemente xustificadas.
A renuncia deberase comunicar por escrito á Agasp, por correo electrónico ao enderezo formacion.emerxencias.agasp@xunta.gal ou por fax ao número 886 20 61 23, e cunha antelación de tres días hábiles ao inicio do curso, co fin de poder cubrir a vacante.número 886 206 123.