Intervención en vehículos especiais (gas, híbridos, eléctricos)

Código: 192153
Número da edición: 2
Horas lectivas: 16
Prazas: 20
Modalidade: Presencial
Data inicio - fin: 20/06/2019 - 21/06/2019
Lugar: Estrada, A (Pontevedra)
Localización: AGASP
Clase ou local: Aula 4
Horario: 9.0014.00 e 15.30-18.30
Días: 20 e 21 de xuño de 2019
Contido:
1. Introdución e Normas Euro sobre emisións:
2. Vehículos de gas licuado do petróleo ( GLP)
3. Vehículos de gas natural licuado comprimido
4. Vehículos híbridos e eléctricos
5. Vehículos de hidróxeno
6. Equipos de protección individual para intervención en vehículos especiais
Persoas destinatarias:
- Bombeiros dos Parques Municipais
- Bombeiros dos Parques de Consorcios
- Grupo de Emerxencias Supramunicipal
- Servizos municipais de protección civíl e emerxencias
Destinatarios específicos:
- Bombeiros dos servizos de extinción de incendios e salvamento (bombeiros municipais e de consorcios).
- Persoal dos grupos de emerxencia supramunicipais (GES).
- Persoal dos servizos municipais de protección civil e emerxencias.
Requisitos:
Os/as solicitantes deberán acreditar que non padecen enfermidade nin están afectados por limitación física ou psíquica incompatible coa realización das accións formativas ou o desempeño das funcións correspondentes ao curso ao que se opta, mediante declaración que se cubrirá xunto coa solicitude de matricula no curso.
Inscrición:
gratuita

convocatoria DOG núm 33 - 15/02/2019

2º edición por Resolución
Publicacións admitidas:
O alumnado seleccionado só poderá renunciar ao curso por causas de forza maior suficientemente xustificadas.
A renuncia deberase comunicar por escrito á Agasp, por correo electrónico ao enderezo formacion.emerxencias.agasp@xunta.gal ou por fax ao número 886 20 61 23, e cunha antelación de tres días hábiles ao inicio do curso, co fin de poder cubrir a vacante.