Coordinación de equipos e recursos intervenientes na busca de desaparecidos

Código: 192144
Data de inscrición: 02/03/2019 - 11/03/2019
Número da edición: 1
Horas lectivas: 20
Prazas: 20
Modalidade: Presencial
Data inicio - fin: 24/05/2019 - 01/06/2019
Lugar: Coruña, A (Coruña, A)
Localización: Edificio Admtvo. Monelos.
Clase ou local: Edificio Admtvo. Monelos (Rúa Vicente Ferrer, 2, 15008 A Coruña) - Aula 1
Horario: dia 24: 16:00 a 21:00/ dia 25: 9.00-14.00 e 16.00-21.00 / día 1: 9.00-14.00
Días: 24, 25 de maio e 1 de xuño de 2019
Contido:
Módulo 1: Marco legal e obxectivos
Módulo 2: Bases legais, responsabilidades e aspectos de coordinación nas buscas
Módulo 3: Medios e recursos mobilizables. Protocolos de actuación.
Módulo 4: Supostos prácticos de coordinación
Persoas destinatarias:
- Agrupacións de Voluntarios de Protección Civíl
Destinatarios específicos:
Persoal voluntario de agrupacións de voluntarios de protección civil (AVPC) dos concellos de Galicia
Este persoal forma parte do sistema integrado de protección civil e emerxencias de Galicia (artigos 43 e 44 da Lei 5/2007, do 7 de maio de emerxencias de Galicia).
Requisitos:
1. Requisitos xerais:
a) Ter superado o curso básico de protección civil.
b) Estar como voluntario/a activo/a na correspondente AVPC.
2. Requisitos físicos/psíquicos: os/as solicitantes deberán acreditar que non padecen enfermidade nin están afectados por limitación física ou psíquica incompatible coa realización das accións formativas ou o desempeño das funcións correspondentes ao curso ao que se opta, mediante declaración que se cubrirá xunto coa solicitude de matricula no curso.
Inscrición:
Gratuita

convocatoria DOG núm 43 - 01/03/2019
Publicacións admitidas:
O alumnado seleccionado só poderá renunciar ao curso por causas de forza maior suficientemente xustificadas.
A renuncia deberase comunicar por escrito á Agasp, por correo electrónico ao enderezo formacion.emerxencias.agasp@xunta.gal cunha antelación de tres días hábiles ao inicio do curso, co fin de poder cubrir a vacante.