Busca e salvamento en montaña e zonas illadas

Código: 192137
Data de inscrición: 02/03/2019 - 11/03/2019
Número da edición: 5
Horas lectivas: 16
Prazas: 16
Modalidade: Presencial
Data inicio - fin: 01/06/2019 - 02/06/2019
Lugar: Maceda (Ourense)
Localización: AGASP
Clase ou local: Centro Multiusos - Campo da Feira (Maceda)
Horario: 9.00-14.00 e 15.30-18.30
Días: 1 e 2 de xuño de 2019
Obxectivos:
Adquirir a formación necesaria para participar en operativos de busca de persoas desaparecidas en zonas de difícil acceso.
Contido:
- Xeneralidades
- Coordinación do socorro
- Protocolos de busca. Distribución de tarefas
- Orografía e cartografía
- Lectura e interpretación de mapas
- Principios básicos de orientación e utilización do compás
- Métodos de busca de persoas desaparecidas
- Busca en situacións especiais
- Técnicas de busca e salvamento en zonas de difícil acceso
- Axentes agresores na montaña
- Actuacións en situacións de risco vital
- Técnicas de inmobilización e traslado con medios convencionais e improvisados
- Consellos prácticos para a prevención de accidentes
Persoas destinatarias:
- Agrupacións de Voluntarios de Protección Civíl
Destinatarios específicos:
Persoal voluntario de agrupacións de voluntarios de protección civil (AVPC) dos concellos de Galicia
Este persoal forma parte do sistema integrado de protección civil e emerxencias de Galicia (artigos 43 e 44 da Lei 5/2007, do 7 de maio de emerxencias de Galicia).

Requisitos:
1. Requisitos xerais:
a) Ter superado o curso básico de protección civil.
b) Estar como voluntario/a activo/a na correspondente AVPC.
2. Requisitos físicos/psíquicos: os/as solicitantes deberán acreditar que non padecen enfermidade nin están afectados por limitación física ou psíquica incompatible coa realización das accións formativas ou o desempeño das funcións correspondentes ao curso ao que se opta, mediante declaración que se cubrirá xunto coa solicitude de matricula no curso.
Inscrición:
Gratuita

convocatoria DOG núm 43 - 01/03/2019
Publicacións admitidas:
O alumnado seleccionado só poderá renunciar ao curso por causas de forza maior suficientemente xustificadas.
A renuncia deberase comunicar por escrito á Agasp, por correo electrónico ao enderezo formacion.emerxencias.agasp@xunta.gal e cunha antelación de tres días hábiles ao inicio do curso, co fin de poder cubrir a vacante.
Solicitudes:
EQUIPAMENTO que deberá traer o alumnado: gorro, luvas de traballo, lentes de sol , roupa de abrigo, anorak/chuvasqueiro, botas de montaña e roupa de recambio.