Reciclaxe de socorrismo en espazos acuáticos naturais

Código:

192114

Data de inscrición:

02/03/2019 - 16/03/2019

Número da edición:

1

Horas docentes:

16

Prazas:

35

Modalidade:

Presencial

Data Inicio - Fin:

26/04/2019 - 28/04/2019

Lugar:

Estrada, A (Pontevedra)

Localización:

AGASP

Aula/local:

día 26 e 27 Aula 4; día 28 Praia Samil (Vigo)

Horario:

venres: 15.30-19.30 / sábado: 10.00-14.00 e 15.30-19.30 / domingo: 10.00-14.00

Días:

26, 27 e 28 de abril de 2019

Obxectivos:

Actualizar a formación necesaria para a renovación da inscrición no Rexistro Profesional de Socorristas Acuáticos de Galicia creado polo Decreto 104/2012, do 16 de marzo, modificado polo Decreto 35/2017, polo que se fixa a formación mínima dos socorristas acuáticos e se crea e regula o Rexistro Profesional de Socorristas Acuáticos de Galicia.

Contido:

• Módulo MF0269_2: Natación (4 horas)
• Módulo MF1082_2: Prevención de accidentes en espazos acuáticos naturais (4 horas)
• Módulo MF1083_2: Rescate de accidentados/as en espazos acuáticos naturais (4 horas)
•Módulo MF0272_2: Primeiros auxilios (4 horas)

Destinatarios:

- Socorrista
- Outros Destinatarios - Outros

Destinatarios específicos:

Persoas inscritas no Rexistro Profesional de Socorristas Acuáticos de Galicia creado polo Decreto 104/2012, do 16 de marzo, polo que se fixa a formación mínima dos socorristas acuáticos e se crea e regula o Rexistro Profesional de Socorristas Acuáticos de Galicia.

Requisitos:

Quedan excluídas desta convocatoria as persoas que obtiveron a inscrición de forma provisional no Rexistro Profesional de Socorristas Acuáticos de Galicia a través do establecido na disposición transitoria única do mencionado Decreto 104/2012, do 16 de marzo, modificado polo Decreto 35/2017 de 30 de marzo.

Inscrición:

Gratuita

convocatoria DOG núm 43 - 01/03/2019

Publicacións admitidas:

O alumnado seleccionado só poderá renunciar ao curso por causas de forza maior suficientemente xustificadas.
A renuncia deberase comunicar por escrito á Agasp, por correo electrónico ao enderezo formacion.emerxencias.agasp@xunta.gal ou por fax ao número 886 20 61 23, e cunha antelación de tres días hábiles ao inicio do curso, co fin de poder cubrir a vacante.