Actuación sanitaria en praias

Código:

192094

Data de inscrición:

21/02/2019 - 02/03/2019

Número da edición:

2

Horas docentes:

20

Prazas:

16

Modalidade:

Presencial

Data Inicio - Fin:

03/06/2019 - 05/06/2019

Lugar:

Estrada, A (Pontevedra)

Localización:

AGASP

Aula/local:

Aula 6

Horario:

9.30-14.00 e 16.00-19.00 / derradeiro día: 9.00-14.00

Días:

3, 4 e 5 de xuño de 2019

Contido:

1 Cadea de supervivencia, soporte vital básico (SVB) adultos, SVB nenos, obstrución vía aérea
2 Afogamento
3 Alteracións pola calor e polo frío
4 Picaduras e mordeduras
5 Accidentes de mergullo
6 Traumatismo cranio-encefálico/traumatismo medular
7 Feridas, hemorraxias, traumatismos menores

Destinatarios:

- Agrupacións de Voluntarios de Protección Civíl

Destinatarios específicos:

Persoal voluntario de agrupacións de voluntarios de protección civil (AVPC) dos concellos de Galicia
Este persoal forma parte do sistema integrado de protección civil e emerxencias de Galicia (artigos 43 e 44 da Lei 5/2007, do 7 de maio de emerxencias de Galicia).

Requisitos:

1. Requisitos xerais:
a) Ter superado o curso básico de protección civil.
b) Estar como voluntario/a activo/a na correspondente AVPC.
2. Requisitos físicos/psíquicos: os/as solicitantes deberán acreditar que non padecen enfermidade nin están afectados por limitación física ou psíquica incompatible coa realización das accións formativas ou o desempeño das funcións correspondentes ao curso ao que se opta, mediante declaración que se cubrirá xunto coa solicitude de matricula no curso.

Inscrición:

gratuita

convocatoria DOG núm: 36 - 20/02/2019

Publicacións admitidas:

O alumnado seleccionado só poderá renunciar ao curso por causas de forza maior suficientemente xustificadas.
A renuncia deberase comunicar por escrito á Agasp, por correo electrónico ao enderezo formacion.emerxencias.agasp@xunta.gal cunha antelación de tres días hábiles ao inicio do curso, co fin de poder cubrir a vacante.

Requests:

A Agasp proporcionará a manutención(de luns a venres) ás persoas desempregadas admitidas nos cursos e así o soliciten, nos termos que esta estableza e sempre dentro do recinto da Agasp.
A situación de desemprego deberá acreditala o/a alumno/a seleccionado/a na data de inicio do curso, mediante a presentación da tarxeta de desemprego ou calquera documentación acreditativa valida en dereito.