Rescate acuático para equipos de primeira intervención

Código: 192077
Data de inscrición: 21/02/2019 - 02/03/2019
Número da edición: 1
Horas lectivas: 24
Prazas: 12
Modalidade: Presencial
Data inicio - fin: 11/03/2019 - 15/03/2019
Lugar: Estrada, A (Pontevedra)
Localización: AGASP
Clase ou local: Día 11: na Agasp - Aula 4 /Resto días: prácticas en mar (Av Alcalde Francisco Vázquez, 6 (no club náutico ao lado do Castelo de San Antón)
Horario: Dia 11: 9.00-13.00 e 15.00- 19.00 / Resto días: 9.00-13.00
Días: 11, 12, 13, 14 e 15 de marzo de 2019
Contido:
Módulo 1: Materiais e equipos, o medio acuático, seguridade nas operacións de rescate, métodos de busca e localización
Módulo 2: Técnicas entrada na auga, técnicas natación rescate, inmobilizacións de lesionados no ámbito acuático, rescate con embarcacións
Persoas destinatarias:
- Agrupacións de Voluntarios de Protección Civíl
Destinatarios específicos:
Persoal voluntario de agrupacións de voluntarios de protección civil (AVPC) dos concellos de Galicia
Este persoal forma parte do sistema integrado de protección civil e emerxencias de Galicia (artigos 43 e 44 da Lei 5/2007, do 7 de maio de emerxencias de Galicia).
Requisitos:
1. Requisitos xerais:
a) Ter superado o curso básico de protección civil.
b) Estar como voluntario/a activo/a na correspondente AVPC.
c) Todos os participantes deberán ter coñecementos básicos de natación
2. Requisitos físicos/psíquicos: os/as solicitantes deberán acreditar que non padecen enfermidade nin están afectados por limitación física ou psíquica incompatible coa realización das accións formativas ou o desempeño das funcións correspondentes ao curso ao que se opta, mediante declaración que se cubrirá xunto coa solicitude de matricula no curso.
Curso 192077
1ª dia na Agasp – prácticas na piscina pala tarde - deberán traer roupa para o baño (bañador, toalla, gorro e chanclas)
Resto días: prácticas no mar (Av Alcalde Francisco Vázquez, 6 (no Club Náutico ao lado do Castelo de San Antón – A Coruña)
Inscrición:
gratuita

convocatoria DOG núm: 36 - 20/02/2019
Publicacións admitidas:
O alumnado seleccionado só poderá renunciar ao curso por causas de forza maior suficientemente xustificadas.
A renuncia deberase comunicar por escrito á Agasp, por correo electrónico ao enderezo formacion.emerxencias.agasp@xunta.gal cunha antelación de tres días hábiles ao inicio do curso, co fin de poder cubrir a vacante.
Solicitudes:
A Agasp proporcionará a manutención(de luns a venres) ás persoas desempregadas admitidas nos cursos e así o soliciten, nos termos que esta estableza e sempre dentro do recinto da Agasp.
A situación de desemprego deberá acreditala o/a alumno/a seleccionado/a na data de inicio do curso, mediante a presentación da tarxeta de desemprego ou calquera documentación acreditativa valida en dereito.