Desfibrilación semiautomática externa (DESA)

Código:

192033

Data de inscrición:

16/02/2019 - 25/02/2019

Número da edición:

2

Horas docentes:

5

Prazas:

24

Modalidade:

Presencial

Data Inicio - Fin:

14/06/2019 - 14/06/2019

Lugar:

Estrada, A (Pontevedra)

Horario:

9.00-14.00

Días:

14 de xuño de 2019

Obxectivos:

Adquirir a formación necesaria para a utilización e manexo dos desfibriladores externos, co fin de conseguir:
1.Aumentar as taxas de supervivencia nos pacientes con morte súbita, conseguindo un acceso precoz a un sistema de emerxencias médicas.
2.Acurtar os tempos para realizar reanimación cardiopulmonar e a desfibrilación precoz.

Contido:

a) Teoría (1h)
– Cadea de supervivencia
– Parada cardiorrespiratoria
– Resucitación cardiopulmonar básica
– Desfibrilador externo automatizado

b) Práctica (4h)
– Resucitación cardiopulmonar básica
– Uso do desfibrilador externo

Destinatarios:

- Bombeiros dos Parques Municipais
- Bombeiros dos Parques de Consorcios
- Grupo de Emerxencias Supramunicipal
- Servizos municipais de protección civíl e emerxencias

Destinatarios específicos:

- Bombeiros dos servizos de extinción de incendios e salvamento (bombeiros municipais e de consorcios).
- Persoal dos grupos de emerxencia supramunicipais (GES).
- Persoal dos servizos municipais de protección civil e emerxencias.

Requisitos:

Requisitos físicos/psíquicos: os/as solicitantes deberán acreditar que non padecen enfermidade nin están afectados por limitación física ou psíquica incompatible coa realización das accións formativas ou o desempeño das funcións correspondentes ao curso ao que se opta, mediante declaración que se cubrirá xunto coa solicitude de matricula no curso

Inscrición:

gratuita

convocatoria DOG núm 33 - 15/02/2019

Publicacións admitidas:

O alumnado seleccionado só poderá renunciar ao curso por causas de forza maior suficientemente xustificadas.
A renuncia deberase comunicar por escrito á Agasp, por correo electrónico ao enderezo formacion.emerxencias.agasp@xunta.gal ou por fax ao número 886 20 61 23, e cunha antelación de tres días hábiles ao inicio do curso, co fin de poder cubrir a vacante.