Mergullo en fume, orientación, busca e rescate en espazos confinados

Código:

192029

Data de inscrición:

16/02/2019 - 25/02/2019

Número da edición:

1

Horas docentes:

24

Prazas:

16

Modalidade:

Presencial

Data Inicio - Fin:

10/06/2019 - 12/06/2019

Lugar:

Estrada, A (Pontevedra)

Horario:

9.00-14.00 e 15.30-18.30

Días:

10, 11 e 12 de xuño de 2019

Contido:

Módulo teórico (3 horas)
- Definición, identificación e deseño de espazos confinados
- Causas frecuentes de accidentes
- Uso adecuado de equipos de protección
- Riscos dos espazos confinados: atmosferas suboxigenadas; atmosferas sobreoxigenadas; atmosferas con gases combustibles; atmosferas con gases tóxicos. Riscos físicos, químicos, disergonómicos e biolóxicos
- Entrada ao espazo confinado. Precaucións previas. Autorización de entrada
- Medición e avaliación de atmosferas perigosas en espazos confinados
- Recomendacións de seguridade para traballos en espazos confinados
- Sistemas de suxeición e sistemas anticaídas
- Actuacións en caso de emerxencia. Accidentes por atmosferas perigosas típicas: asfixia, explosión, inflamación, intoxicación

Módulo práctico (21 horas)
- Utilización de equipo de protección individual ( EPI) e medios de protección colectiva
- Técnicas de entrada e saída dun espazo confinado
- Técnicas de ascenso e descenso
- Técnicas de autorrescate
- Exercicios con equipos de respiración autónoma (ERA)
- Detectores de gases. Marxes de seguridade
- Equipo de evacuación e rescate. Simulación

Destinatarios:

- Bombeiros dos Parques Municipais
- Bombeiros dos Parques de Consorcios
- Grupo de Emerxencias Supramunicipal
- Servizos municipais de protección civíl e emerxencias

Destinatarios específicos:

- Bombeiros dos servizos de extinción de incendios e salvamento (bombeiros municipais e de consorcios).
- Persoal dos grupos de emerxencia supramunicipais (GES).
- Persoal dos servizos municipais de protección civil e emerxencias.

Requisitos:

Os/as solicitantes deberán acreditar que non padecen enfermidade nin están afectados por limitación física ou psíquica incompatible coa realización das accións formativas ou o desempeño das funcións correspondentes ao curso ao que se opta, mediante declaración que se cubrirá xunto coa solicitude de matricula no curso.

Inscrición:

gratuita

convocatoria DOG núm 33 - 15/02/2019

Publicacións admitidas:

O alumnado seleccionado só poderá renunciar ao curso por causas de forza maior suficientemente xustificadas.
A renuncia deberase comunicar por escrito á Agasp, por correo electrónico ao enderezo formacion.emerxencias.agasp@xunta.gal ou por fax ao número 886 20 61 23, e cunha antelación de tres días hábiles ao inicio do curso, co fin de poder cubrir a vacante.

Requests:

EQUIPAMENTO que deberá traer o alumnado: roupa de intervención, botas, casco, luvas, verdugo, camisetas para cambiarse e funda.