Técnicas de excarceración e extracción de vítimas en accidentes de tráfico

Código:

192006

Data de inscrición:

16/02/2019 - 25/02/2019

Número da edición:

1

Horas docentes:

25

Prazas:

20

Modalidade:

Presencial

Data Inicio - Fin:

03/06/2019 - 05/06/2019

Lugar:

Estrada, A (Pontevedra)

Horario:

9.00-14.00 e 15.30-19.00 (derradeiro día 18.30)

Días:

3, 4 e 5 de xuño de 2019

Contido:

Módulo 1: Sinalización e balizamento do lugar do accidente. Control de riscos
Módulo 2: Estrutura e compoñentes dos vehículos
Módulo 3: Identificación e desconexión de vehículos con enerxías alternativas
Módulo 4: Técnicas e manobras de estabilización de vehículos. Aseguramentos de emerxencia
Módulo 5: Ferramentas de excarceración e materiais de estabilización. Elementos de protección. Normas de seguridade
Módulo 6: Manobras de acceso á vítima e excarceración: Retirada de cristais, retirada de portas, retirada de teito, desprazamento de cadro de mandos, desmontes laterais
Módulo 7: Técnicas de mobilización no interior do vehículo. Manobras básicas, extraccións e mobilizacións de emerxencia. Graos de extracción
Modulo 8 : Técnicas e manobras de estabilización de vehículos. Aseguramientos de emerxencia (práctica)
Modulo 9: Manobras de acceso á vítima e excarceración: Retirada de cristais, retirada de portas, retirada de teito, desprazamento de cadro de mandos, desmontes laterais
Modulo 10: Técnicas de mobilización no interior do vehículo. Manobras básicas, extraccións e mobilizacións de emerxencia. Graos de extracción.

Destinatarios:

- Bombeiros dos Parques Municipais
- Bombeiros dos Parques de Consorcios
- Grupo de Emerxencias Supramunicipal
- Servizos municipais de protección civíl e emerxencias

Destinatarios específicos:

- Bombeiros dos servizos de extinción de incendios e salvamento (bombeiros municipais e de consorcios).
- Persoal dos grupos de emerxencia supramunicipais (GES).
- Persoal dos servizos municipais de protección civil e emerxencias.

Requisitos:

Os/as solicitantes deberán acreditar que non padecen enfermidade nin están afectados por limitación física ou psíquica incompatible coa realización das accións formativas ou o desempeño das funcións correspondentes ao curso ao que se opta, mediante declaración que se cubrirá xunto coa solicitude de matricula no curso.

Inscrición:

gratuita

convocatoria DOG núm 33 - 15/02/2019

Publicacións admitidas:

O alumnado seleccionado só poderá renunciar ao curso por causas de forza maior suficientemente xustificadas.
A renuncia deberase comunicar por escrito á Agasp, por correo electrónico ao enderezo formacion.emerxencias.agasp@xunta.gal ou por fax ao número 886 20 61 23, e cunha antelación de tres días hábiles ao inicio do curso, co fin de poder cubrir a vacante.

Requests:

EQUIPAMENTO que deberá traer o alumnado: casco, gafas de seguridade ou pantalla de protección, traxe de intervención ou funda anticorte, luvas de seguridade e botas de seguridade.