Formación en desfibrilación semiautomática externa (DESA)

Código: 182125
Data de inscrición: 07/03/2018 - 16/03/2018
Número da edición: 4
Horas lectivas: 5
Prazas: 24
Modalidade: Presencial
Data inicio - fin: 16/05/2018 - 16/05/2018
Lugar: Estrada, A (Pontevedra)
Localización: AGASP
Clase ou local: Informática grande e TAU
Horario: 9.00-14.00
Días: 16 de maio de 2018
Obxectivos:
Adquirir a formación necesaria para a utilización e manexo dos desfibriladores externos, co fin de conseguir:
1.Aumentar as taxas de supervivencia nos pacientes con morte súbita, conseguindo un acceso precoz a un sistema de emerxencias médicas.
2.Acurtar os tempos para realizar reanimación cardiopulmonar e a desfibrilación precoz.
Contido:
a) Introdución teórica:

– Cadea de supervivencia.

– Parada cardiorrespiratoria.

– Resucitación cardiopulmonar básica.

– Desfibrilador externo automatizado.

b) Prácticas:

– Resucitación cardiopulmonar básica.

– Uso do desfibrilador externo.
Persoas destinatarias:
- Bombeiros dos Parques Municipais
- Bombeiros dos Parques de Consorcios
- Grupo de Emerxencias Supramunicipal
- Servizos municipais de protección civíl e emerxencias
Destinatarios específicos:
profesionais dos servizos municipais de protección civil e emerxencias, persoal dos grupos de emerxencias supramunicipais (GES) e profesionais dos servizos de extinción de incendios e salvamento (bombeiros municipais e de consorcios).
Requisitos:
Requisitos físicos/psíquicos: os/as solicitantes deberán acreditar que non padecen enfermidade nin están afectados por limitación física ou psíquica incompatible coa realización das accións formativas ou o desempeño das funcións correspondentes ao curso a que se opta, mediante declaración que se cubrirá xunto coa solicitude de matrícula no curso, e será obriga de cada alumno/a poñer en coñecemento da Agasp calquera alteración relacionada con ela.
Inscrición:
gratuita

convocatoria: DOG núm 46 - 06.03.2018
Publicacións admitidas:
O alumnado seleccionado só poderá renunciar ao curso por causas de forza maior suficientemente xustificadas.
A renuncia deberase comunicar por escrito á Agasp, por correo electrónico ao enderezo formacion.emerxencias.agasp@xunta.gal ou por fax ao número 886 20 61 23, e cunha antelación de tres días hábiles ao inicio do curso, co fin de poder cubrir a vacante.