Básico de protección civil

Código: 182055
Data de inscrición: 01/03/2018 - 07/03/2018
Número da edición: 1
Horas lectivas: 32
Prazas: 25
Modalidade: Presencial
Data inicio - fin: 16/03/2018 - 25/03/2018
Lugar: Culleredo (Coruña, A)
Localización: Base de P. Civil c/ Mª Cagido nº 3-5
Clase ou local: Base de P. Civil c/ Mª Cagido nº 3-5
Horario: venres 17.00-21.00 /sábados 9.30-13.30 e 15.00-19.00 / domingos 9.30-13.30
Días: 16, 17, 18, 23, 24 e 25 de marzo de 2018
Obxectivos:
Adquirir a formación básica necesaria para o exercicio das funcións de protección civil.
Contido:
- Módulo I: A Protección Civil.
- Módulo II: Os riscos, accidentes e autoprotección.
- Módulo III: Loita contra os incendios.
- Módulo IV: Comunicacións.
- Módulo V: Actuacións básicas ante emerxencias médicas.
- Módulo VI: Igualdade de oportunidades.
O contido do curso divídese en dúas partes:
Teoría: 22 horas
Práctica: 10 horas
Persoas destinatarias:
- Agrupacións de Voluntarios de Protección Civíl
Destinatarios específicos:
Persoal de ingreso nas agrupacións de voluntarios de protección civil.
Este persoal forma parte do Sistema integrado de protección civil e emerxencias de Galicia (artigos 43 e 44 da Lei 5/2007, do 7 de maio, de emerxencias de Galicia).
Requisitos:
1. Requisitos físicos/psíquicos: os/as solicitantes deberán acreditar que non padecen enfermidade nin están afectados por limitación física ou psíquica incompatible coa realización das accións formativas ou o desempeño das funcións correspondentes ao curso ao que se opta, mediante declaración que se cubrirá xunto coa solicitude de matricula no curso.
Inscrición:
gratuita

convocatoria DOG núm. 42 - 28.02/2018
Publicacións admitidas:
O alumnado seleccionado só poderá renunciar ao curso por causas de forza maior suficientemente xustificadas.
A renuncia deberase comunicar por escrito á Agasp, por correo electrónico ao enderezo formacion.emerxencias.agasp@xunta.gal ou por fax ao número 886 20 61 23, e cunha antelación de tres días hábiles ao inicio do curso, co fin de poder cubrir a vacante.