Condución de vehículos todoterreo

Código: 172230
Data de inscrición: 09/11/2017 - 18/11/2017
Número da edición: 5
Horas lectivas: 20
Prazas: 20
Modalidade: Presencial
Data inicio - fin: 29/11/2017 - 01/12/2017
Lugar: Estrada, A (Pontevedra)
Localización: AGASP
Clase ou local: Aula 10
Horario: Días 29 e 30: 9:30 a 13:30 e 15:00 a 19:00 / Dia 1: 9:30 a 13:30
Días: 29, 30 novembro e 1 de decembro
Obxectivos:
Adquirir os coñecementos teórico-prácticos necesarios para conducir con maior seguridade os vehículos todoterreo empregados na prestación do servizo público
Contido:
TEORÍA: 4 horas
- O vehículo: características técnicas (ángulos de ataque, ventral e de saída, inclinación lateral).
- Técnicas de condución (barro, neve, area, terreos accidentados, baixadas e subidas extremas)
- Rescate do vehículo (tracción directa, poleas e reenvíos, ancoraxes). Protocolos de seguridade nas manobras de rescate.
- Accesorios e mantemento do vehículo
- Lexislación: conservación da natureza, responsabilidade patrimonial.
PRÁCTICA: 16 horas de condución en circuíto.
Persoas destinatarias:
- Servizos de Prevención e Extinción de Incendios Forestais da Xunta de Galicia - Axentes forestais/medioambientes
Destinatarios específicos:
- Axentes forestais
- Axentes facultativos medioambientais (Consellería do Medio Rural)
- Axentes técnicos ambientais (C Medio Rural)
Requisitos:
- Os/as solicitantes deberán ter o permiso de conducir B1.
- Requisitos físicos/psíquicos: os/as solicitantes deberán acreditar que non padecen enfermidade nin están afectados por limitación física ou psíquica incompatible coa realización das accións formativas ou o desempeño das funcións correspondentes ao curso ao que se opta, mediante declaración que se cubrirá xunto coa solicitude de matricula no curso.
Inscrición:
Gratuita
Publicacións admitidas:
O alumnado seleccionado só poderá renunciar ao curso por causas de forza maior suficientemente xustificadas.
A renuncia deberase comunicar por escrito á Agasp, por correo electrónico ao enderezo formacion.emerxencias.agasp@xunta.gal ou por fax ao número 886 20 61 23, e cunha antelación de tres días hábiles ao inicio do curso, co fin de poder cubrir a vacante.número 886 206 123.
Solicitudes:
Criterios de selección: orde de presentación de solicitudes