Condución de vehículos pesados

Código: 172145
Data de inscrición: 16/09/2017 - 22/09/2017
Número da edición: 1
Horas lectivas: 8
Prazas: 20
Modalidade: Presencial
Data inicio - fin: 06/11/2017 - 06/11/2017
Lugar: Estrada, A (Pontevedra)
Localización: AGASP
Clase ou local: Laboratorio Dactiloscopia... (2º andar)
Horario: 9.00-14.00 e 15.30-18.30
Días: 6 de novembro de 2017
Obxectivos:
- Tomar consciencia dos efectos producidos pola accion sobre o freo, acelerador, volante e a propia inercia do vehículo.
- Automatizar o uso correcto do volante.
- Discernir situacións de perigo extremo das que non o son.
- Reaccionar con rapidez e seguridade ante un obstáculo imprevisto.
Contido:
1 - Adherencia e factores que a determinan.
2 - Novas tecnoloxías que afectan ou modo de condución. ABS, ASR e ESP.
3 - Manexo do volante.
4 - Técnicas de observación en situacións extremas.
5 - Introdución ás técnicas de condución.
a) Forza centrífuga.
b) Forza de guiado lateral (centrípeta)
c) Transferencia de masas en recta.
d) Transferencia de masas en curvas.
- Repartición de pesos ao frear.
- Repartición de pesos ao acelerar.
e) Subviraxes: causas e corrección.
f) Sobreviraxes: causas e corrección.
6 - Freadas de emerxencia con e sen ABS:
a) Diferenzas de comportamento cos vehículos que ou equipan e os que non.
b) En recta con detención
c) En recta con esquiva e detención.
7 - O perigo do contra volante.
8 - Detención do vehículo en caso de perdida de control por sobreviraxe e subviraxe.
9 - Sobreviraxe con e sen ASR.
Persoas destinatarias:
- Bombeiros dos Parques Municipais
- Bombeiros dos Parques de Consorcios
- Grupo de Emerxencias Supramunicipal
- Servizos municipais de protección civíl e emerxencias
Destinatarios específicos:
- Bombeiros dos servizos de extinción de incendios e salvamento (bombeiros municipais e de consorcios).
- Persoal dos grupos de emerxencia supramunicipais (GES).
- Persoal dos servizos municipais de protección civil e emerxencias.
Requisitos:
Permiso de condución necesario - C1
Inscrición:
gratuita
convocatoria: DOG núm 176 - 15/09/2017
Publicacións admitidas:
O alumnado seleccionado só poderá renunciar ao curso por causas de forza maior suficientemente xustificadas.
A renuncia deberase comunicar por escrito á Agasp, por correo electrónico ao enderezo formacion.emerxencias.agasp@xunta.gal ou por fax ao número 886 20 61 23, e cunha antelación de tres días hábiles ao inicio do curso, co fin de poder cubrir a vacante.