Intervención en emerxencias con substancias perigosas

Código: 172025
Data de inscrición: 04/04/2017 - 10/04/2017
Número da edición: 2
Horas lectivas: 80
Prazas: 20
Modalidade: Presencial
Data inicio - fin: 18/04/2017 - 09/05/2017
Lugar: Estrada, A (Pontevedra)
Localización: AGASP
Clase ou local: 18 e 19 abril, 2, 3 e 4 de maio (Aula 4- AGASP)/ 24, 25 e 26 abril, 8 e 9 de maio SEGANOSA
Horario: 9.00-14.00 e 15.30-18.30
Días: 18, 19, 24, 25 e 26 de abril, 2, 3, 4, 8 e 9 de maio de 2017
Obxectivos:
C1: Intervir operativamente ante riscos producidos por substancias perigosas, controlando e mitigando o incidente, cos recursos técnicos ao seu alcance e mediante a utilización de técnicas acordes aos riscos, e participar na rehabilitación da normalidade
C2: Intervir no control e extinción de incendios con substancias perigosas, solicitando información técnica sobre as substancias causantes e os seus riscos potenciais, definir as tarefas de intervención e seguridade do equipo, aplicar as técnicas específicas con seguridade e comprobar a extinción das causas do incendio.
Contido:
1. Substancias perigosas.
2. Equipos de protección persoal para intervención con substancias perigosas.
3. Equipos, ferramentas e técnicas de intervención con substancias perigosas
4. Os incendios de substancias perigosas.
Persoas destinatarias:
- Bombeiros dos Parques Municipais
- Bombeiros dos Parques de Consorcios
- Grupo de Emerxencias Supramunicipal
- Servizos municipais de protección civíl e emerxencias
Destinatarios específicos:
• Persoal dos servizos de extinción de incendios e salvamento (bombeiros municipais e de consorcios)
• Grupos de emerxencia supramunicipais (GES)
• Servizos municipais de protección civil e emerxencias.
Este persoal forma parte do Sistema integrado de protección civil e emerxencias de Galicia (artigos 43 e 44 da Lei 5/2007, do 7 de maio, de emerxencias de Galicia).
Requisitos:
Os/as solicitantes deberán acreditar que non padecen enfermidade nin están afectados por limitación física ou psíquica incompatible coa realización das accións formativas ou o desempeño das funcións correspondentes ao curso ao que se opta, mediante declaración que se cubrirá xunto coa solicitude de matricula no curso.
Inscrición:
Gratuita / convocatoria DOG núm 65 - luns, 3 de abril de 2017
Publicacións admitidas:
O alumnado seleccionado só poderá renunciar ao curso por causas de forza maior suficientemente xustificadas.
A renuncia deberase comunicar por escrito á Agasp, por correo electrónico ao enderezo formacion.emerxencias.agasp@xunta.gal ou por fax ao número 886 20 61 23, e cunha antelación de tres días hábiles ao inicio do curso, co fin de poder cubrir a vacante.