Delitos contra a seguridade viaria

Código: 171041
Data de inscrición: 17/02/2017 - 15/03/2017
Número da edición: 1
Horas lectivas: 20
Prazas: 25
Modalidade: Presencial
Data inicio - fin: 05/06/2017 - 07/06/2017
Lugar: Estrada, A (Pontevedra)
Localización: AGASP
Horario: de 10.00 a 14.00 e de 15.30 a 19.30 h (ultimo día so mañán)
Días: 5, 6 e 7 de xuño de 2017
Obxectivos:
Actualización de coñecementos tras a reforma do Código Penal en materia de seguridade viaria operada pola LO 15/2007, de xeito que, rematado o curso, os/as asistentes sexan capaces de identificar as condutas despregadas no ámbito do tráfico e da seguridade viaria que, superando o risco permitido, son perseguibles no ámbito penal.
Contido:
Módulo 1. Delitos de condución con taxa obxectivada de alcohol ou baixo a influencia de bebidas alcohólicas ou outras substancias. - 4 horas.
. Módulo 2. Delitos de condución con exceso de velocidade punible, con temeridade, e con manifesto desprezo pola vida dos demais. - 4 horas.
. Módulo 3. Delitos de negativa a someterse ás probas de detección de alcoholemia e drogas, e creación de grave risco para a circulación. - 4 horas.
. Módulo 4. .- Delitos de condución con perda de vixencia da autorización para conducir, tras ser privado da autorización por decisión xudicial, e sen obter nunca a autorización. - 4 horas.
. Módulo 5. O vehículo como instrumento do delito. Casuística dos Atestados polos delitos contra a seguridade vial. - 4 horas.

Persoas destinatarias:
- Corpos de Policía Local
- Outros Destinatarios - Outros