O testemuño policial en sede xudicial, especial referencia ao plenario

Código: 171016
Data de inscrición: 17/02/2017 - 15/03/2017
Número da edición: 1
Horas lectivas: 8
Prazas: 20
Modalidade: Presencial
Data inicio - fin: 03/04/2017 - 03/04/2017
Lugar: Estrada, A (Pontevedra)
Localización: AGASP
Clase ou local: Aula 5
Horario: de 10.00 a 14.00 e de 15.30 a 19.30 h
Días: o 3 de abril de 2017
Contido:
En fase instrutora.
- A instancia da Autoridade xudicial instrutora.
- Como consecuencia de instarse o habeas corpus.
No plenario.
- Como testemuña
- (a reprodución oral do atestado).

Variables que inflúen nas comparecencias:
a) Principais:
- Verbais.
- Corporais (posición, xesticulación, etc).
b) Secundarios:
- Indumentaria, presenza

Tácticas que crean dúbida na testemuña policial

a) Cortesías aparentes.
b) Emprego de expresións con xiros retóricos enmascarando
preguntas mediante o emprego de termos usados pola testemuña.
c) Intimidación mediante impertinencias:
- verbais.
- xestuais.
d) Poñer en cuestión a teoría sobre a práctica.
e) Interrogatorio intimidatorio.


Principio de mínima participación instrutora:

a) Ordeado a evitar contradicións entre os propios intervintes policiais.
b) Na dilixencia de informe individualizarase a participación de cada axente.
c) En todo caso, cada axente interveniente dará único e exclusivo descargo sobre a súa concreta participación na investigación.
Persoas destinatarias:
- Corpos de Policía Local