Reciclaxe de socorrismo en espazos acuáticos naturais

Código: 162170
Data de inscrición: 29/11/2016 - 15/12/2016
Número da edición: 1
Horas lectivas: 16
Prazas: 10
Modalidade: Presencial
Data inicio - fin: 20/12/2016 - 21/12/2016
Lugar: Estrada, A (Pontevedra)
Localización: AGASP
Horario: 9.00-14.00 e 16.00-19.00
Días: 20 e 21 de decembro de 2016
Obxectivos:
Adquirir a formación necesaria para a renovación da inscrición no Rexistro Profesional de Socorristas Acuáticos de Galicia creado polo Decreto 104/2012, do 16 de marzo, polo que se fixa a formación mínima dos socorristas acuáticos e se crea e regula o Rexistro Profesional de Socorristas Acuáticos de Galicia.
Contido:
• Módulo MF0269_2: Natación (4 horas).
• Módulo MF1082_2: Prevención de accidentes en espazos acuáticos naturais (4 horas).
• Módulo MF1083_2: Rescate de accidentados/as en espazos acuáticos naturais (4 horas).
• Módulo MF0272_2: Primeiros auxilios (4 horas).
Persoas destinatarias:
- Outros Destinatarios - Outros
Destinatarios específicos:
Persoas inscritas no Rexistro Profesional de Socorristas Acuáticos de Galicia creado polo Decreto 104/2012, do 16 de marzo, polo que se fixa a formación mínima dos socorristas acuáticos e se crea e regula o Rexistro Profesional de Socorristas Acuáticos de Galicia.
Requisitos:
Quedan excluídas desta convocatoria as persoas que obtiveron a inscrición de forma provisional no Rexistro Profesional de Socorristas Acuáticos de Galicia a través do establecido na disposición transitoria única do mencionado Decreto 104/2012, do 16 de marzo.
Inscrición:
Gratuita
Publicacións admitidas:
De acordo co establecido no artigo 21 do Regulamento de réxime interior da Agasp, aprobado por Orde da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, do 4 de febreiro de 2009 (DOG núm. 30, do 12 de febreiro), as persoas que resulten seleccionadas teñen a obriga de participar no desenvolvemento da actividade, agás que comunicasen a súa imposibilidade de asistencia con polo menos 48 horas de antelación ao comezo desta. A devandita renuncia deberase comunicar por escrito á Agasp, por correo electrónico ao enderezo formación.emerxencias.agasp@xunta.gal ou por fax ao número 886 206 123.
A Agasp resérvase o dereito de solicitar todos aqueles datos que considere necesarios para a adecuada realización da selección.