Condución de vehículos todoterreo

Código: 162050
Data de inscrición: 30/03/2016 - 14/11/2016
Número da edición: 6
Horas lectivas: 20
Prazas: 20
Modalidade: Presencial
Data inicio - fin: 22/11/2016 - 24/11/2016
Lugar: Estrada, A (Pontevedra)
Localización: AGASP
Clase ou local: aula de informática 1 (pequena)
Horario: 22 e 23: 9:30 - 13:30 e 15:00 - 19:00 / 24: 9.30-13.30
Días: 22, 23 e 24 de novembro de 2016
Obxectivos:
Adquirir os coñecementos teórico-prácticos necesarios para conducir con maior seguridade os vehículos todoterreo empregados na prestación do servizo público
Contido:
TEORÍA: 4 horas
- O vehículo: características técnicas (ángulos de ataque, ventral e de saída, inclinación lateral).
- Técnicas de condución (barro, neve, area, terreos accidentados, baixadas e subidas extremas)
- Rescate do vehículo (tracción directa, poleas e reenvíos, ancoraxes). Protocolos de seguridade nas manobras de rescate.
- Accesorios e mantemento do vehículo
- Lexislación: conservación da natureza, responsabilidade patrimonial.
PRÁCTICA: 16 horas de condución en circuíto.
Persoas destinatarias:
- Grupo de Emerxencias Supramunicipal
- Servizos municipais de protección civíl e emerxencias
Destinatarios específicos:
• Grupos de emerxencia supramunicipais (GES)
• Servizos municipais de protección civil e emerxencias.
Este persoal forma parte do Sistema integrado de protección civil e emerxencias de Galicia (artigos 43 e 44 da Lei 5/2007, do 7 de maio, de emerxencias de Galicia).
Requisitos:
1. Requisitos xerais: Ter o permiso de conducir B1.

2. Requisitos físicos/psíquicos: os/as solicitantes deberán acreditar que non padecen enfermidade nin están afectados por limitación física ou psíquica incompatible coa realización das accións formativas ou o desempeño das funcións correspondentes ao curso ao que se opta, mediante declaración que se cubrirá xunto coa solicitude de matricula no curso.
Inscrición:
Gratuita
Publicacións admitidas:
De acordo co establecido no artigo 21 do Regulamento de réxime interior da Agasp, as persoas que resulten seleccionadas teñen a obriga de participar no desenvolvemento da actividade, agás que comunicasen a súa imposibilidade de asistencia con polo menos 48 horas de antelación ao comezo desta. A devandita renuncia deberase comunicar por escrito á Agasp, por correo electrónico ao enderezo formación.emerxencias.agasp@xunta.es ou por fax ao número 886 206 123.