Inserción laboral, sensibilización ambiental e na igualdade de xénero

Código: 152066
Data de inscrición: 28/08/2015 - 07/09/2015
Número da edición: 1
Horas lectivas: 10
Prazas: 25
Modalidade: Presencial
Data inicio - fin: 01/10/2015 - 02/10/2015
Lugar: Estrada, A (Pontevedra)
Localización: AGASP
Clase ou local: Aula 10 e informática 2
Horario: Xoves 1: 9.00-15.00 / venres 2: 10.00-14.00
Días: 1 e 2 de outubro de 2015
Obxectivos:
Coñecer técnicas e recursos facilitadores da inserción laboral, así como a situación do mercado de traballo na familia profesional na que se integra a acción formativa principal, incidindo na sensibilización ambiental e na igualdade de xénero.
Contido:
Módulo n.º 1: Inserción laboral
- Situación e tendencias do sector produtivo obxecto de formación.
- Desenvolvemento de estratexias persoais propias para a busca de traballo.
- Buscar traballo con axenda
- Canles de emprego
- Como gañar a selección: curriculum vitae, carta de presentación, entrevistas.
- Emprendedores: plan de negocio, montar empresas, axudas ao emprendedor, capitalización de prestacións.

Módulo n.º 2: Sensibilización ambiental
- Conceptos básicos: medio, cambio climático, desenvolvemento sostible.
- Boas prácticas ambientais na actividade profesional obxecto de formación.

Módulo n.º 3: Sensibilización en igualdade de xénero
- Igualdade legal e igualdade efectiva.
- Igualdade no ámbito laboral: sectores produtivos, conciliación da vida laboral e familiar.
Persoas destinatarias:
- Agrupacións de Voluntarios de Protección Civíl
Destinatarios específicos:
Persoal voluntario de agrupacións de voluntarios de protección civil (AVPC) dos concellos de Galicia
Este persoal forma parte do sistema integrado de protección civil e emerxencias de Galicia (artigos 43 e 44 da Lei 5/2007, do 7 de maio de emerxencias de Galicia).
Requisitos:
haber superado con anterioridade o curso básico de protección civil.
Neste curso teñen preferencia na selección as persoas desempregadas e a continuación as que están en “mellora de emprego”.
Para acreditar esto deben enviar escaneada ao correo electrónico formacion.emerxencias.agasp@xunta.es a tarxeta do paro (ou de mellora de emprego) debidamente actualizada.
O prazo para enviala remata o día 14 de setembro.
Inscrición:
Gratuita