Achiques, rescate en ascensores e maquinarias, accesos, persoas con enfermidade mental e suicidas, rescate de animais e corte de subministracións

Código: 152061
Data de inscrición: 27/08/2015 - 07/09/2015
Número da edición: 2
Horas lectivas: 60
Prazas: 16
Modalidade: Presencial
Data inicio - fin: 09/12/2015 - 17/12/2015
Lugar: Salvaterra de Miño (Pontevedra)
Localización: Centro de formación integral en emerxencias - Seganosa - Alxen s/n
Clase ou local: SEGANOSA
Horario: 9.00-14.00 e 15.30-19.30
Días: 9, 10, 11, 14, 15, 16 e 17 de decembro de 2015
Obxectivos:
C1: Aplicar técnicas axeitadas para efectuar as operacións no menor tempo posible e coas maiores garantías de seguridade.
C2: Realizar o rescate de persoas atrapadas en ascensores, elevadores e maquinarias pesadas, identificando as tipoloxías, as técnicas e os procedementos eficientes e eficaces para a evacuación das persoas afectadas ou vítimas do suceso.
C3: Intervir operativamente en emerxencia en instalacións de enerxía en edificios, vía pública ou ámbito interurbano, solicitando información sobre as características e medidas de seguridade da instalación, aplicando as técnicas e procedementos con seguridade e verificando a rehabilitación das condicións normais de funcionamento da instalación
Contido:
1. Operacións de achique de auga.
2. Liberación de persoas en ascensores e maquinaria pesada.
3. Apertura de accesos.
4. Actuación con persoas con enfermidade mental e suicidas.
5. Rescate de animais.
6. Corte de subministracións urbanas.
Persoas destinatarias:
- Bombeiros dos Parques Municipais
- Bombeiros dos Parques de Consorcios
- Grupo de Emerxencias Supramunicipal
- Servizos municipais de protección civíl e emerxencias
Destinatarios específicos:
• Persoal dos servizos de extinción de incendios e salvamento (bombeiros municipais e de consorcios)
• Grupos de emerxencia supramunicipais (GES)
• Servizos municipais de protección civil e emerxencias
Este persoal forma parte do sistema integrado de protección civil e emerxencias de Galicia (artigos 43 e 44 da Lei 5/2007, do 7 de maio de emerxencias de Galicia).
Inscrición:
Gratuita