Rescates en medios de transporte e en medios acuáticos, para AVPC

Código: 152046
Data de inscrición: 27/08/2015 - 07/09/2015
Número da edición: 1
Horas lectivas: 50
Prazas: 16
Modalidade: Presencial
Data inicio - fin: 05/10/2015 - 15/10/2015
Lugar: Estrada, A (Pontevedra)
Localización: AGASP
Clase ou local: Aula 2
Horario: 9.00-14.00 e 15.30-19.00
Días: 5, 6, 7, 13, 14 e 15 de outubro de 2015
Obxectivos:
C1: Efectuar operacións de rescate en accidentes de tráfico e outros medios de transporte, aplicando as técnicas e os procedementos de traballo adecuados para liberar as persoas atrapadas en vehículos, evitando riscos para as vítimas e os intervenientes.
C2: Realizar operacións de salvamento de persoas e rescate de obxectos para prevención de riscos no medio acuático, aplicando métodos de busca e técnicas de reflote e rescate.
Contido:
1. Rescate en accidentes de tráfico e outros medios de transporte.
2. Salvamento de persoas no medio acuático.
Persoas destinatarias:
- Agrupacións de Voluntarios de Protección Civíl
Destinatarios específicos:
Persoal voluntario de agrupacións de voluntarios de protección civil (AVPC) dos concellos de Galicia
Este persoal forma parte do sistema integrado de protección civil e emerxencias de Galicia (artigos 43 e 44 da Lei 5/2007, do 7 de maio de emerxencias de Galicia).
Requisitos:
haber superado con anterioridade o curso básico de protección civil.
Neste curso teñen preferencia na selección as persoas desempregadas e a continuación as que están en “mellora de emprego” e que cumpran os requisitos de nivel de estudos (Graduado na ESO, Graduado Escolar ou equivalentes).
Para acreditar esto deben enviar escaneada ao correo electrónico formacion.emerxencias.agasp@xunta.es a tarxeta do paro (ou de mellora de emprego) debidamente actualizada e os documentos que acrediten o nivel de estudos.
O prazo para enviala remata o día 14 de setembro.
Inscrición:
Gratuita