Xornada 7: incendios industriais, instalacións industriais nivel I

Código:

152023

Data de inscrición:

28/03/2015 - 11/04/2015

Número da edición:

2

Horas docentes:

8

Prazas:

16

Modalidade:

Presencial

Data Inicio - Fin:

16/06/2015 - 16/06/2015

Lugar:

Estrada, A (Pontevedra)

Localización:

AGASP

Aula/local:

Aula 4

Horario:

das 8.45 ás 14.00 horas e das 15.30 ás 18:30 horas

Días:

16 de xuño de 2015

Obxectivos:

Realizar unha aproximación teórica e práctica a distintos aspectos das unidades de competencia incluídas na cualificación profesional SEA129_2 – Extinción de incendios e salvamento.

Contido:

Contido teórico
1. Repaso de coñecementos sobre hidráulica aplicada a incendios industriais.
2. Técnica e operacións con equipos de extinción, aspiración – alimentación industriais.
3. Linguaxe vehicular usado en instalacións industriais. Materiais e terminoloxía.
4. Sistemática - metodoloxía sobre instalacións de extinción de incendios industriais.
Contido práctico
1. Instalación con mangaxe. Montaxe e desmontaxe de instalación tipo A-I (extinción).
2. Instalación con mangaxe. Montaxe e desmontaxe de instalación tipo B-I (refrixeración).
3. Instalación con monitores. Montaxe e desmontaxe de instalación tipo C-I (combinada).
4. Simulacro de intervención S-I (equipos e combinación de instalacións).

Destinatarios:

- Bombeiros dos Parques Municipais
- Bombeiros dos Parques de Consorcios
- Grupo de Emerxencias Supramunicipal
- Servizos municipais de protección civíl e emerxencias

Destinatarios específicos:

Profesionais dos servizos de extinción de incendios e salvamento (bombeiros municipais e de consorcios), persoal dos grupos de emerxencias supramunicipais (GES) e profesionais dos servizos municipais de protección civil e emerxencias.
Este persoal forma parte do sistema integrado de protección civil e emerxencias de Galicia (artigos 43 e 44 da Lei 5/2007, do 7 de maio de emerxencias de Galicia).

Requisitos:

Uniformidade: é obrigatorio asistir á actividade co uniforme de traballo. As persoas que incumpran esta norma poderán ser dadas de baixa.
Material que deberán traer os alumnos para a realización das prácticas:
• Casco de intervención tipo F1
• Botas de traballo
• Luvas de traballo
• Cazadora-pantalón de parque

Inscrición:

Gratuita

Publicacións admitidas:

De acordo co establecido no artigo 21 do Regulamento de réxime interior da Agasp as persoas que resulten seleccionadas teñen a obriga de participar no desenvolvemento da actividade, agás que comunicasen a súa imposibilidade de asistencia con polo menos 48 horas de antelación ao comezo desta. A devandita renuncia deberase comunicar por escrito á Agasp, por correo electrónico ao enderezo formación.emerxencias.agasp@xunta.es ou por fax ao número 886 206 123.