monitor de tiro

Código: 151174
Data de inscrición: 18/09/2015 - 24/09/2015
Número da edición: 1
Horas lectivas: 60
Prazas: 10
Modalidade: Presencial
Data inicio - fin: 30/09/2015 - 27/10/2015
Lugar: Estrada, A (Pontevedra)
Localización: AGASP
Clase ou local: galería de tiro
Horario: de 10:00 a 14:00 e de 15:30 a 19:30
Días: - Proba de acceso: 30 de setembro as 16:00 -Os días 6,7 e 8 de outubro de 2015, de 10:00 a 14:00 e de 15:30 a 19:30 -O 9 de outubro de 2015, de 10:00 a 14:00 - Do 19 ao 27 de outubro de 2015, de 15:30 a 20:00 h
Obxectivos:
a) Controlar adecuadamente o estado, uso e mantemento das armas de dotación de cada cadro de persoal.
b) Establecer os programas das correspondentes prácticas de tiro do seu concello.
c) Intervir na adquisición de munición para a realización das prácticas de tiro do seu concello.
d) Levar o control de realización individualizada das prácticas de tiro programadas polo concello, mediante o correspondente caderno persoal de tiro.
e) Determinar as técnicas de manexo e control dos alumnos-tiradores, para que lles permitan actuar como apoio ou auxilio do instrutor das prácticas de tiro que, se é o caso, se realizasen na Academia Galega de Seguridade Pública.
f) Adquirir coñecementos sobre o manexo e funcionamento das armas orientadas a instrución dos demais policías.
Contido:
O curso constara dunha parte teórica e dunha parte práctica, realizarase con anterioridade unha proba práctica de acceso.
A parte teórica comprenderá:
• Normas de seguridade con armas de fogo.
• As armas de fogo.- clasificación e evolución.
• Armas de cañón estriado. O cañón poligonal. Medidas.
• Cartuchería.- metálica e semimétalica .
• Balística.- interna, externa e de efectos.
• Técnicas de disparo
• O revólver e a pistola semiautomática.
• Normas para a dirección de exercicios de tiro.
• Interrupcións no revólver e na pistola.
• A pistola GLOCK 17 e a H&K USP COMPACT
• A escopeta policial e a súa munición.
• Psicoloxía da comunicación.- o emisor, o receptor. A comunicación verbal e non verbal.
• Estudio do regulamento de armas.

A parte práctica desenvolverase na galería de tiro, utilizando diferentes armas para a realización de prácticas de:
• Prácticas de tiro con revólver, pistola e escopeta policial.
• Prácticas das diversas técnicas de tiro policial.
• Tiro de precisión e tiro instintivo.
• Parapetos.
• Resolución de recorridos de tiro.
• Dirección de liñas de tiro.
• Deseño e dirección de plans de tiro.
Persoas destinatarias:
- Corpos de Policía Local
Destinatarios específicos:
Persoal funcionario dos corpos da Policía Local que estea realizando funcións de mantemento do armamento ou de dirección das prácticas de tiro naqueles concellos que o precisaran, ou que o pretenda facer no futuro.