Busca e salvamento en montaña e zonas illadas

Código: 142130
Data de inscrición: 01/06/2014 - 31/07/2014
Número da edición: 9
Horas lectivas: 20
Prazas: 15
Modalidade: Presencial
Data inicio - fin: 11/10/2014 - 12/10/2014
Lugar: Vigo (Pontevedra)
Localización: Pi y Margal, 69 Baixo
Horario: 9,30
Días: 11 e 12 de outubro de 2014
Obxectivos:
Adquirir a formación necesaria para participar en operativos de busca de persoas desaparecidas en zonas de difícil acceso.
Contido:
- Xeneralidades
- Coordinación do socorro
- Protocolos de busca. Distribución de tarefas
- Orografía e cartografía
- Lectura e interpretación de mapas
- Principios básicos de orientación e utilización do compás
- Métodos de busca de persoas desaparecidas
- Busca en situacións especiais
- Técnicas de busca e salvamento en zonas de difícil acceso
- Axentes agresores na montaña
- Actuacións en situacións de risco vital
- Técnicas de inmobilización e traslado con medios convencionais e improvisados
- Consellos prácticos para a prevención de accidentes
Persoas destinatarias:
- Agrupacións de Voluntarios de Protección Civíl
- Bombeiros dos Parques Municipais
- Bombeiros dos Parques de Consorcios
- Corpo da Garda Civil
- Corpo Nacional de Policía
- Grupo de Emerxencias Supramunicipal
- Corpos de Policía Local
- Servizos municipais de protección civíl e emerxencias
Destinatarios específicos:
o curso vai dirixido ao persoal voluntario de agrupacións de voluntarios de protección civil, ás/aos profesionais dos servizos municipais e supramunicipais de protección civil e outro persoal dos corpos de seguridade e emerxencias.
Este persoal forma parte do sistema integrado de protección civil e emerxencias de Galicia (artigos 43 e 44 da Lei 5/2007, do 7 de maio de emerxencias de Galicia).

Requisitos:
os/as solicitantes que sexan voluntarios/as de protección civil deben haber superado con anterioridade o curso básico de protección civil, e terán preferencia os/as que o fixeron no ano 2013 ou anteriores.
Inscrición:
Gratuita
Publicacións admitidas:
As persoas que resulten seleccionadas teñen a obriga de participar no desenvolvemento da actividade, agás que comunicasen a súa imposibilidade de asistencia con cando menos 48 horas de antelación ao comezo desta. Dita renuncia deberase comunicar por escrito á Agasp, por correo electrónico á dirección formacion.emerxencias.agasp@xunta.es ou por fax ao número 886 206 123.
Solicitudes:
6.1 Na selección terán preferencia:
1º Os integrantes das agrupacións de voluntarios de protección civil, e dentro delas as persoas de maior rango xerárquico.
2º Os integrantes dos servizos municipais ou supramunicipais de protección civil, e dentro deles as persoas de maior rango xerárquico.
3º Outro persoal dos corpos de seguridade e emerxencias
6.2 Dentro dos colectivos destinatarios do curso terán preferencia na selección as persoas de maior rango xerárquico.
6.3 Nas agrupacións de voluntarios de protección civil terán preferencia as persoas en activo fronte ás reservas.
6.4 Na selección dentro de cada un dos grupos mencionados nos puntos anteriores reservarase o 50% das prazas para solicitantes mulleres que reúnan os requisitos establecidos na convocatoria, segundo o disposto no artigo 37.bis da Lei 7/2004, do 16 de xullo, galega para a igualdade de mulleres e homes. De non existir suficientes solicitudes de participación de mulleres, as prazas sobrantes acrecentarán as da quenda xeral.
6.5 Así mesmo nas agrupacións de voluntarios de protección civil terán preferencia as persoas que teñan máis antigüidade como voluntarias de protección civil.
6.6 Se despois de aplicar os criterios anteriores houbese empate, terán preferencia as persoas con menos cursos feitos na Agasp nos últimos dous anos.