Superior de intervención en presencia de riscos radiolóxicos

Código: 142108
Data de inscrición: 17/05/2014 - 02/06/2014
Número da edición: 1
Horas lectivas: 36
Prazas: 14
Modalidade: Presencial
Data inicio - fin: 21/10/2014 - 28/10/2014
Lugar: Estrada, A (Pontevedra)
Localización: AGASP
Clase ou local: Aula 6
Horario: 9:00 a 14:00 e 16:30 a 20:00 h.
Días: 21, 22, 23 e 28 de outubro de 2014
Obxectivos:
•Adquirir unha formación básica sobre o risco radiolóxico e a lexislación e normativa reguladora das instalacións radiactivas.
•Coñecer os procedementos de operación nas instalacións radiactivas e a correcta xestión de apoio nas emerxencias orixinadas nestas instalacións.
•Coñecer os diversos niveis de coordinación e asesoramento para a xestión da emerxencia e os recursos dispoñibles para a intervención nas instalacións.
•Realizar simulacións de xestión deste tipo de emerxencias xunto a persoal experto e establecer unha comunicación entre os técnicos de xestión de emerxencias de Galicia e os responsables en protección radiolóxica de instalacións radiactivas.
Contido:
O curso estrutúrase nunha secuencia teórico-práctica para cada módulo:
Modulo 1: introdución e bases físicas, lexislativas e radiobioloxía
Modulo 2: instalacións radioactivas: estudos de seguridade, verificación da instalación, regulamento de funcionamento e plan de emerxencia
Modulo 3: instalacións radioactivas comercializadoras
Modulo 4: instalacións radioactivas de Medicina Nuclear e transporte de mercadorías perigosas do grupo-7
Persoas destinatarias:
- Grupo de Emerxencias Supramunicipal
- Bombeiros dos Parques de Consorcios - Oficial
- Bombeiros dos Parques Municipais - Oficial
- Bombeiros dos Parques de Consorcios - Sarxento/a
- Bombeiros dos Parques Municipais - Sarxento
- Bombeiros dos Parques de Consorcios - Suboficial
- Bombeiros dos Parques Municipais - Suboficial
- Agrupacións de Voluntarios de Protección Civíl - Subxefe da Agrupación
- Persoal de PC e Emerxencias da Xunta de Galicia - Técnico/a de Protección Civíl na AXEGA
- Persoal de PC e Emerxencias da Xunta de Galicia - Técnico/a de Protección Civíl na DX de Emerxencias
- Agrupacións de Voluntarios de Protección Civíl - Xefe da Agrupación
- Servizos municipais de protección civíl e emerxencias - Xefe do servizo
- Bombeiros dos Parques de Consorcios - Cabo
- Bombeiros dos Parques Municipais - Cabo
- Agrupacións de Voluntarios de Protección Civíl - Escala de Mandos (Xefe de Unidade, Sección, Grupo ou Equipo)
Destinatarios específicos:
• Técnicos/as de Protección Civil da Xunta de Galicia
• Técnicos/as do CAE 112 Galicia
• Mandos dos servizos de bombeiros de Galicia
• Xefes/as dos servizos municipais de protección civil e/ou emerxencias
• Persoal dos Grupos de Emerxencias supramunicipais (GES)
• Xefes/as de agrupacións de voluntarios de protección civil
Este persoal forma parte do sistema integrado de protección civil e emerxencias de Galicia (artigos 43 e 44 da Lei 5/2007, do 7 de maio de emerxencias de Galicia).
Inscrición:
Gratuita