Xornada sobre resposta á contaminación mariña accidental

Código:

142102

Data de inscrición:

01/05/2014 - 12/05/2014

Número da edición:

1

Horas docentes:

6

Prazas:

100

Modalidade:

Presencial

Data Inicio - Fin:

20/05/2014 - 20/05/2014

Lugar:

Estrada, A (Pontevedra)

Localización:

AGASP

Aula/local:

Salón de actos

Horario:

10.00 ás 17.00 horas.

Días:

20 de maio de 2014

Obxectivos:

• Coñecer o marco normativo básico que regula as operacións de resposta á contaminación mariña accidental: O Sistema Nacional de Resposta, o Plan CAMGAL e os Plans Locais.
• Coñecer cales son os recursos materiais e humanos cos que conta a Xunta de Galicia para dar resposta a un episodio de contaminación mariña accidental.
• Coñecer cales son os principais métodos de resposta á contaminación mariña accidental tanto no mar como na costa.

Contido:

• O Sistema Nacional de Resposta, o Plan territorial de Galicia (Plan CAMGAL) e os Plans Locais.
• Información da costa galega de utilidade na loita contra a a contaminación mariña accidental. O visor Web.
• Actuacións de resposta no mar. Organización da resposta no Plan CAMGAL.
• Actuacións de resposta en terra I. Atlas de limpeza.
• Actuacións de resposta en terra II. Organización da resposta no Plan CAMGAL.
• Actuacións de resposta en espazos naturais protexidos.
• Os delitos medioambientais: codigo penal e xurisprudencia

Destinatarios:

- Agrupacións de Voluntarios de Protección Civíl
- Bombeiros dos Parques Municipais
- Bombeiros dos Parques de Consorcios
- Corpo da Garda Civil
- Corpo Nacional de Policía
- Grupo de Emerxencias Supramunicipal
- Outros profesionais e voluntarios de Protección Civíl e Emerxencias
- Outros Destinatarios
- Persoal de PC e Emerxencias da Xunta de Galicia
- Corpos de Policía Local
- Servizos municipais de protección civíl e emerxencias
- Servizos de Prevención e Extinción de Incendios Forestais da Xunta de Galicia
- Ude. CNP adscrita a C.A.Galicia

Destinatarios específicos:

Persoal do sistema integrado de protección civil e emerxencias de Galicia (artigos 43 e 44 da Lei 5/2007, do 7 de maio de emerxencias de Galicia), persoal do Servizo de Gardacostas de Galicia e outras persoas interesadas no tema.

Inscrición:

Gratuita