Aplicacións informáticas para presentacións: gráficas de información (Microsoft Powerpoint 2010)

Código: 142089
Data de inscrición: 30/04/2014 - 19/05/2014
Número da edición: 1
Horas lectivas: 30
Prazas: 40
Modalidade: En liña co exame presencial
Data inicio - fin: 19/09/2014 - 28/10/2014
Lugar: Estrada, A (Pontevedra)
Localización: AGASP
Clase ou local: Exame presencial na aula de informática Agasp-baixo
Horario: Proba final presencial na Agasp o 28 de outubro ás 16.00 horas
Días: 19/09/2014 ao 20/10/2014
Obxectivos:
Coñecer a aplicación informática para presentacións: gráficas de información “Microsoft Powerpoint 2010” e o seu manexo.
Contido:
•Coñecendo o Powerpoint
•Presentación de información
•Decorando as presentacións
•Efectos especiais e publicación
•Actividades globais
Persoas destinatarias:
- Agrupacións de Voluntarios de Protección Civíl
- Bombeiros dos Parques Municipais
- Bombeiros dos Parques de Consorcios
- Grupo de Emerxencias Supramunicipal
- Servizos municipais de protección civíl e emerxencias
Destinatarios específicos:
Persoal voluntario de agrupacións de voluntarios de protección civil, persoal profesional dos servizos municipais de protección civil e Emerxencias, persoal dos grupos de emerxencias supramunicipais (GES) e persoal dos servizos de extinción de incendios e salvamento (bombeiros municipais e de consorcio).
Este persoal forma parte do sistema integrado de protección civil e emerxencias de Galicia (artigos 43 e 44 da Lei 5/2007, do 7 de maio de emerxencias de Galicia).
Requisitos:
Os requirimentos técnicos para usar a web dos cursos da AGASP (baseada nunha ferramenta de aprendizaxe electrónico ou “e-learning”) son de nivel básico:
Aspectos recomendables para o PC:
•A configuración mínima dun PC doméstico (en xeral, calquera con menos de cinco anos) é suficiente.
•Preferentemente conexión a Internet de Banda Ancha e un antivirus actualizado
•Navegador: Mozzila Firefox 2 (recomendado) ou Internet Explorer 6.0 ou superior
•Ter Javascript e cookies activadas no navegador
•Para ver os documentos en PDF necesitase ter instalado Acrobat Reader
•Para que funcionen algúns elementos correctamente necesítase ter instalado o Adobe Flash Player
Inscrición:
Gratuita