Actualización de manexo de equipos de desfibrilación semiautomáticos externos (DESA)

Código: 142078
Data de inscrición: 12/04/2014 - 26/04/2014
Número da edición: 1
Horas lectivas: 4
Prazas: 18
Modalidade: Presencial
Data inicio - fin: 03/06/2014 - 03/06/2014
Lugar: Estrada, A (Pontevedra)
Localización: AGASP
Clase ou local: Aula 8/TAU
Horario: 9:30 horas a 13:30 horas.
Días: 3 de xuño de 2014
Obxectivos:
Actualizar anualmente os coñecementos, demostrando o mantemento ou actualización da capacidade para a utilización en condicións óptimas dos desfibriladores semiautomáticos externos.
Contido:
•Introdución.
•Reanimación cardiopulmonar básica, RCP (recordo).
•Coñecemento teórico do DESA, (recordo).
•Recollida de datos (Utstein). Mantemento do aparato, (recordo).
•Exercicios prácticos
-RCP básica
-Práctica DESA
-RCP + DESA (MEGACODE)
Persoas destinatarias:
- Agrupacións de Voluntarios de Protección Civíl
- Bombeiros dos Parques Municipais
- Bombeiros dos Parques de Consorcios
- Grupo de Emerxencias Supramunicipal
- Servizos municipais de protección civíl e emerxencias
Destinatarios específicos:
persoal voluntario de agrupacións de voluntarios de protección civil, profesionais dos servizos municipais de protección civil e emerxencias, persoal dos grupos de emerxencias supramunicipais (GES) e profesionais dos servizos de extinción de incendios e salvamento (bombeiros municipais e de consorcios).
Este persoal forma parte do sistema integrado de protección civil e emerxencias de Galicia (artigos 43 e 44 da Lei 5/2007, do 7 de maio de emerxencias de Galicia).
Requisitos:
1. Ser membros dos servizos de emerxencias e protección civil que dispoñan de equipo de desfibriladores externos
2. Ter realizado no ano 2012 ou anteriores un dos seguintes cursos:
• Curso de desfibrilación semiautomática externa (DESA) para persoal non sanitario.
• Curso de actualización anual na formación en desfibrilación semiautomática externa (DESA) para persoal non sanitario.
3. Se os cursos mencionados no requisito núm. 2 non foron feitos na Agasp, os/as alumnos/as deberán acreditar documentalmente a súa realización mediante diplomas ou certificados, dentro do prazo de inscrición no curso.
A validez dos cursos realizados será verificada pola Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia-061.
4. Os/as solicitantes que sexan voluntarios/as de protección civil deben haber superado con anterioridade o curso básico de protección civil, e terán preferencia os/as que o fixeron no ano 2013 ou anteriores.
Inscrición:
Gratuita