Ferramenta informática de análise do risco químico (FARQ-AXEGA).

Código: 142056
Data de inscrición: 11/03/2014 - 25/03/2014
Número da edición: 1
Horas lectivas: 28
Prazas: 25
Modalidade: Presencial
Data inicio - fin: 16/06/2014 - 19/06/2014
Lugar: Estrada, A (Pontevedra)
Localización: AGASP
Clase ou local: Aula informática
Horario: 9:30-14:00; 16:00-19:00
Días: 16, 17, 18 e 19 de xuño de 2014
Obxectivos:
Adquirir formación teórico-práctica no uso de ferramentas informáticas de modelización de escenarios nos que estean presentes substancias químicas ou mercadorías perigosas, determinación das variables do entorno e representación dos resultados sobre a cartografía dixital correspondente, que permitan a planificación e a toma de decisións en tempo real durante un incidente no que estean implicadas substancias químicas perigosas que podan afectar directa ou indirectamente ás persoas, aos bens materiais ou ao ambiente
Contido:
o contido estrutúrase en bloques relativos ás ferramentas informáticas de análise e simulación de escenarios, cartografía dixital asociada á zona e outras ferramentas auxiliares.
• Os temas tratados son:
• Presentación da ferramenta FARQ-AXEGA e introdución o risco químico.
• Introdución á cartografía dixital. Sistemas usados en Galicia
• Uso dunha aplicación típica en cartografía dixital.
• Instalación e configuración do FARQ-AXEGA
• Apoio á xestión do risco químico CAMEO
• Ferramenta de simulación de escenarios ALOHA
• Ferramenta de representación MARPLOT
• Representación e análise do risco con gvSIG
• Información complementaria e exercicios combinados
Tódolos temas inclúen exercicios prácticos sobre os temas tratados e haberá un exercicio final de conxunto.
Persoas destinatarias:
- Persoal de PC e Emerxencias da Xunta de Galicia
- Grupo de Emerxencias Supramunicipal
- Outros Destinatarios - Outros
- Agrupacións de Voluntarios de Protección Civíl - Escala de Mandos (Xefe de Unidade, Sección, Grupo ou Equipo)
- Servizos municipais de protección civíl e emerxencias - Persoal técnico
- Agrupacións de Voluntarios de Protección Civíl - Subxefe da Agrupación
- Agrupacións de Voluntarios de Protección Civíl - Xefe da Agrupación
- Servizos municipais de protección civíl e emerxencias - Xefe do servizo
Destinatarios específicos:
técnicos de garda do sistema integrado de protección civil e emerxencias de Galicia, membros dos comités asesores e responsables dos grupos de acción previstos nos plans de emerxencia exterior de establecementos con risco químico, responsables dos servizos municipais de protección civil dos concellos que teñen risco derivado do trasporte de mercadorías perigosas e membros dos Grupos de Emerxencia Supramunicipais (GES).
Requisitos:
coñecementos medios de informática e básicos de cartografía
Inscrición:
Gratuita